Do papel ao territorio
Obxectivos, estratexia e proxectos
O GDR10 Limia-Arnoia traballa en 25 concellos da provincia de Ourense, nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Entre os nosos obxectivos están a recuperación da actividade agraria, o apoio á diversificación económica ou crear espazos de innovación e impacto para as mulleres do territorio. Estes obxectivos están recollidos na nosa Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027.
Proxectos como Aterra –aproveitamento de terras en desuso–, Mixturando –valorización do bosque mixto atlántico– ou Ruralmente –valorización dos produtos agroalimentarios– están relacionados coa posta en valor dos nosos recursos e o desenvolvemento económico das nosas comarcas.
Outro xeito de construír as nosas comarcas
Proxectos nos que participamos
Aterra
O proxecto Aterra ten como obxectivo revitalizar o sector agrogandeiro nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.
Espazos Efémeros
Espazos Efémeros: unha rede para reinventar o rural. Un proxecto de cooperación transnacional que busca dar nova vida ao rural a través do comercio, a cultura e o emprendemento.
Mixturando
Mixturando é unha iniciativa colaborativa que busca desenvolver novas estratexias para a valorización do bosque mixto atlántico en Galicia e en Asturias.
Nó rural
Nó Rural é unha iniciativa de cooperación entre seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) co obxectivo de fomentar o relevo xeracional no agro e dinamizar os territorio rurais.
Reserva da biosfera
Conservar e protexer a biodiversidade, ao mesmo tempo que se persegue o desenvolvemento económico e humano da Área de Allariz.
Ruralmente
Ruralmente fomenta a innovación, o coñecemento compartido e a valorización dos produtos agroalimentarios locais amparados baixo selos de calidade.
LEADER 23-27
Impulsa o teu proxecto para revitalizar o rural
O programa LEADER é unha iniciativa da Unión Europea destinada a manter vivas as áreas rurais dos países membros. Aproveita os recursos propios e potencia a innovación desde abaixo cara a arriba. Aprende cales son as subvencións, o ámbito xeográfico e o calendario.
Xeodestino A Limia
Este Xeodestino pretende ser un lugar de referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza nas zonas da antiga Lagoa de Antela e das Areeiras da Limia, mentras que tamén poden desfrutar do seu patrimonio histórico.
O obxectivo é ser unha referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza.
Xeodestino Allariz-Maceda
Este Xeodestino busca promover o territorio como destino cultural e sostible, destacando o seu patrimonio artístico, gastronómico e tradicional, fomentando a preservación das artes e a conexión coas comunidades locais.
O obxectivo é promover o territorio como destino cultural e sostible.
25 motivos
O proxecto destaca e difunde iniciativas que contribúen á dinamización social e económica e á posta en valor do patrimonio material e inmaterial dos 25 concellos que conforman o territorio do GDR Limia-Arnoia.
O obxectivo é a dinamización social e económica do territorio.
Actualidade GDR10 Limia-Arnoia
As últimas novas publicadas

Espazos Efémeros chega a Asturias con “Artesanía Viva”, unha nova acción para poñer en valor a creatividade e o talento do rural
O proxecto de cooperación Espazos Efémeros, no que participa o GDR10 Limia-Arnoia xunto cos GDR Galicia Suroeste Eurural (coordinador), GDR Oriente de Asturias e a Associação para o Desenvolvimento Sustentável da Região Saloia (Portugal), dá un novo paso no seu

O GDR10 suma voz e experiencia no V Congreso da Muller Rural
O pasado 28 de novembro tivo lugar en Lugo o V Congreso da Muller Rural, un encontro de referencia que reuniu a expertas, investigadoras, emprendedoras, representantes institucionais e entidades ligadas ao territorio para reflexionar sobre o papel fundamental das mulleres

Publicado o resultado do proceso selectivo do GDR10 Limia-Arnoia
Finalizado o período de alegacións, o tribunal do proceso selectivo vén de nomear á persoa que cubrirá o posto vacante de técnica do GDR10 Limia-Arnoia. A continuación, pode consultarse o nome da persoa seleccionada. Tamén figura a listaxe de agarda
O portal de emprego e oportunidades do GDR Limia-Arnoia
O GDR Limia-Arnoia ten un lugar propio no portal de emprego Ficar aquí para conectar empresas e persoas que queren traballar e vivir no rural. Visita o noso perfil e revisa as oportunidades.