Do papel ao territorio
Obxectivos, estratexia e proxectos
O GDR10 Limia-Arnoia traballa en 25 concellos da provincia de Ourense, nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Entre os nosos obxectivos están a recuperación da actividade agraria, o apoio á diversificación económica ou crear espazos de innovación e impacto para as mulleres do territorio. Estes obxectivos están recollidos na nosa Estratexia de Desenvolvemento Local para o período 2023-2027.
Proxectos como Aterra –aproveitamento de terras en desuso–, Mixturando –valorización do bosque mixto atlántico– ou Ruralmente –valorización dos produtos agroalimentarios– están relacionados coa posta en valor dos nosos recursos e o desenvolvemento económico das nosas comarcas.
Outro xeito de construír as nosas comarcas
Proxectos nos que participamos
Aterra
O proxecto Aterra ten como obxectivo revitalizar o sector agrogandeiro nas comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.
Espazos Efémeros
Espazos Efémeros: unha rede para reinventar o rural. Un proxecto de cooperación transnacional que busca dar nova vida ao rural a través do comercio, a cultura e o emprendemento.
Mixturando
Mixturando é unha iniciativa colaborativa que busca desenvolver novas estratexias para a valorización do bosque mixto atlántico en Galicia e en Asturias.
Nó rural
Nó Rural é unha iniciativa de cooperación entre seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) co obxectivo de fomentar o relevo xeracional no agro e dinamizar os territorio rurais.
Reserva da biosfera
Conservar e protexer a biodiversidade, ao mesmo tempo que se persegue o desenvolvemento económico e humano da Área de Allariz.
Ruralmente
Ruralmente fomenta a innovación, o coñecemento compartido e a valorización dos produtos agroalimentarios locais amparados baixo selos de calidade.
LEADER 23-27
Impulsa o teu proxecto para revitalizar o rural
O programa LEADER é unha iniciativa da Unión Europea destinada a manter vivas as áreas rurais dos países membros. Aproveita os recursos propios e potencia a innovación desde abaixo cara a arriba. Aprende cales son as subvencións, o ámbito xeográfico e o calendario.
Xeodestino A Limia
Este Xeodestino pretende ser un lugar de referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza nas zonas da antiga Lagoa de Antela e das Areeiras da Limia, mentras que tamén poden desfrutar do seu patrimonio histórico.
O obxectivo é ser unha referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza.
Xeodestino Allariz-Maceda
Este Xeodestino busca promover o territorio como destino cultural e sostible, destacando o seu patrimonio artístico, gastronómico e tradicional, fomentando a preservación das artes e a conexión coas comunidades locais.
O obxectivo é promover o territorio como destino cultural e sostible.
25 motivos
O proxecto destaca e difunde iniciativas que contribúen á dinamización social e económica e á posta en valor do patrimonio material e inmaterial dos 25 concellos que conforman o territorio do GDR Limia-Arnoia.
O obxectivo é a dinamización social e económica do territorio.
Actualidade GDR10 Limia-Arnoia
As últimas novas publicadas

O GDR Limia-Arnoia xa ten os catro proxectos ganadores da convocatoria 2026 de Terra de Oportunidades
O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia vén de coñecer os catro proxectos gañadores da convocatoria Terra de Oportunidades 2026, unha iniciativa impulsada por CaixaBank en colaboración con máis de 50 Grupos de Desenvolvemento Rural de todo o Estado para apoiar

Nó Rural impulsa unha enquisa para facilitar o relevo xeracional nas explotacións agrarias
O relevo xeracional é un dos grandes desafíos aos que se enfronta o sector agrario galego. Cada ano son numerosas as explotacións que cesan a súa actividade por falta de continuidade, unha realidade que afecta non só á produción agraria,

Galicia e Cataluña compartirán coñecemento e experiencias ao redor do relevo xeracional no agro nunhas xornadas técnicas
Galicia recibirá esta semana a visita dunha delegación catalá de Grupos de Desenvolvemento rural e responsables da xestión agrogandeira na Generalitat para coñecer as iniciativas que se están levando a cabo no noso territorio co obxectivo de favorecer o relevo
O portal de emprego e oportunidades do GDR Limia-Arnoia
O GDR Limia-Arnoia ten un lugar propio no portal de emprego Ficar aquí para conectar empresas e persoas que queren traballar e vivir no rural. Visita o noso perfil e revisa as oportunidades.