Programa de compostaxe RE

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Non produtivo
Ano: 2017
Entidade: Pública

Resumo do proxecto

Expediente: L17-19.20-10-0045
Promotor: Concello de Allariz
Concello e lugar: Allariz
Puntuación: 60
Orzamento aceptado: 12.816,29  €
Porcentaxe axuda: 78,88 %
Contía Axuda: 10.109,49  €
Importe xustificado: 8.272,39  €
Axuda cobrada: 6.525,26  €

Descrición

Proxecto de desenvolvemento dun plan sostible de xestión de residuos urbanos por parte do Concello de Allariz. Este proxecto consiste na sensibilización, a formación ambiental e a instalación de puntos de compostaxe, cuxa materia orgánica xerada se utiliza para hortas ou xardíns.

Residuos urbanos que pechan o ciclo da economía circular

A finais do ano 2014 o Concello de Allariz apostou por unha experiencia de desenvolvemento sostible en canto ao cambio na xestión de residuos municipais, un programa que se inaugura baixo o nome de RE: REcuperar, RExenerar, REiniciar. O seu principal obxectivo é concienciar sobre a redución de residuos, promover a separación para favorecer a reciclaxe e compostar no municipio os resíduos orgánicos.

En pouco tempo xa estaba en marcha este proxecto de tratamento e uso de materia orgánica, que comezou con actividades informativas e a instalación de 24 illas de compostaxe na zona urbana e máis de 130 composteiros por todo o municipio.

O programa tivo unha boa acollida por parte dos habitantes da vila e dimensionouse, repartindo novos composteiros, campañas de educación ambiental nos centros de ensino e nas diferentes aldeas da vila.

Tamén se iniciou no ano 2018 un proxecto de resíduos orgánicos na hostalería, que funciona mediante o sistema de recollida porta a porta. Para isto adquiriuse unha camioneta cun tamaño adaptado ás rúas do centro histórico e con plataforma elevadora para recoller os colectores marróns. Estes resíduos convertidos en compost, destínase como abono orgánico para diferentes explotacións agrogandeiras da vila, xardíns e hortos urbanos. Deste modo, estamos ante un bo exemplo de economía circular, onde os residuos urbanos xerados se converten en abono para produción de alimentos que posteriormente estarán á venda para as veciñas e veciños do barrio.