Ascensor Concello Vilar de Barrio

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Non produtivo
Ano: 2021
Entidade: Pública

Resumo do proxecto

Expediente: L21-19.20- 10-0241
Promotor: Concello Vilar de Barrio
Concello e lugar: Vilar de Barrio
Puntuación: 55
Porcentaxe axuda: 73,33% %
Contía Axuda: 26.398,68 € (reserva de fondos pendentes: 8.997,45€) €

Descrición

Trátase da instalación dun ascensor para dar servizo a Casa do Concello (da planta baixa a primeira), situada na praza do Toural nº 10 de Vilar de Barrio.

Accesibilidade para todos

O Concello de Vilar de Barrio quere acondicionar o primeiro andar da Casa do Concello para ofrecer nela os servizos necesarios aos seus veciños. Tamén, para iso, precisan dun ascensor para facer esta nova planta accesible a todos.

É unha cuestión tamén de equidade, xa que é o centro neurálxico da vida comunitaria e todos os cidadáns deben ter igualdade de oportunidades para acceder aos seus servizos e participar na vida social. A falta do monta cargas excluiría a persoas con mobilidade reducida, discapacidades e tamén ás persoas maiores de desfrutar dos recursos municipais.

Ademais, tamén sería empregado polos traballadores do Concello, facilitando o transporte e mellorando a atención ao público.

É unha inversión esencial que contribúe á construción dunha sociedade inclusiva en Vilar de Barrio.