Maquinaria Reforxurés Servicios

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Produtivo
Ano: 2021
Entidade: Privada
Proxectos 2021

Resumo do proxecto

Expediente: L21-19.20- 10-0263
Promotor: Reforxurés Servicios S.L
Concello e lugar: Soutelo (Muíños)
Puntuación: 62,3
Orzamento aceptado: 40.203,82  €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía Axuda: 20.101,91  €
UTAS Xerados: 1
UTAS Consolidados: 1,65

Descrición

Empresa que ten como actividades económicas servizos agrarios/forestais e pequenos traballos de construción.

Como resposta ao obxectivo xeral de mellora da calidade de vida nas zonas rurais e diversificación da economía rural, e debido ao incremento de demanda de pequenas obras de rehabilitación/construción no medio rural; REFORXURÉS SERVIZOS, S.L. pretende ampliar a actividade da empresa nun sector da economía distinto ao da produción agraria primaria, no pobo de Soutelo – Muiños (provincia de Ourense).

Para a posta en marcha desa nova actividade distinta á que vén desenvolvendo por parte da empresa (novo IAE), é necesario dotarse da maquinaria e todo o equipamento necesario (máquinas, roupa de traballo, utillaxe, ferramentas, equipos para o proceso de información…).

Nova maquinaria para o día a día

Reforxurés Servizos é unha empresa que se dedica á construción, traballos de obra pública e outras reformas.

Para seguir cos seus traballos precisaban unha nova minicargadora xunto con outros útiles de traballo, e tamén material para a oficina.

Deste xeito poden continuar facendo obras e mellorando a vida do rural, xa que cada vez máis hai máis demanda de pequenos traballos nestas zonas.