Vivenda comunitaria As Anduriñas
Descrición
Proxecto de reforma dunha parte do antigo cuartel da garda civil para acoller a vivenda comunitaria As Anduriñas e achegar aos seus usuarios e usuarias unha idea de fogar e convivencia social.
Este proxecto do Concello de Xunqueira de Ambía está incluído nun máis amplo e ambicioso que consta da rehabilitación total do cuartel, propiedade do concello, aumentando a capacidade da vivenda comunitaria e trasladando o centro de saúde a este espazo.
Calidade de vida para as persoas maiores do rural
O Concello de Xunqueira de Ambía ten en propiedade o antigo cuartel de Guardia Civil desde fai anos, un inmoble de pedra, en bo estado de conservación e gran capacidade. Este edificio conta cunha estrutura en U, que se divide en dúas alas e unha sala principal, así como tamén ten un amplo terreo posterior.
No ano 2018 comezou a primeira fase dun ambicioso plan de reforma para converter este espazo nun centro de prestación de servicios sociais e sanitarios. Esta reforma comezou polo lateral dereito, tendo como finalidade na primeira fase a instalación dunha vivenda comunitaria e un centro sociocomunitario. Aínda que nas seguintes fases prevese aumentar a capacidade da vivenda comunitaria e instalar servizos socio-sanitarios no inmoble.
A vivenda comunitaria conta cunhas instalacións que acollen diferentes dormitorios, cociña, lavandería e zonas comúns, así como tamén conta cunha finca con horta e lugar de recreo. Os e as usuarias son persoas con boa autonomía persoal e permítelles unha vida autónoma en convivencia social, ao tempo que se fai un seguemento da súa alimentación e medicación. Desta forma, moitas persoas maiores que, por diversos motivos, viven soas, poden ter unha boa calidade de vida sen afastarse do seu entorno.