Lagoa Antela Xeodestino A Limia
Gabeador azul Xeodestino A Limia
Serra do Larouco Xeodestino A Limia
Aira Canastros AForxa Xeodestino A Limia

Resumo do xeodestino

Concellos:
  • Baltar
  • Os Blancos
  • Calvos de Randín
  • A Porqueira
  • Rairiz de Veiga
  • Sandiás
  • Sarreaus
  • Trasmiras
  • Xinzo de Limia
Información básica: O Xeodestino A Limia pretende ser un lugar de referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza nas zonas da antiga Lagoa de Antela e das Areeiras da Limia, mentras que tamén poden desfrutar do seu patrimonio histórico.
Obxectivo: Lugar de referencia para aqueles amantes da ornitoloxía e da natureza.
  • Logotipo Xeodestino A Limia

    Xeodestino A Limia

    O Xeodestino A Limia está situado ao sur da provincia de Ourense e abarca os municipios de Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, A Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia. Este territorio distínguese polo seu patrimonio natural e histórico, pero tamén sobre todo polo seu patrimonio ornitolóxico.

    Unha característica destacada da zona de A Limia é o seu compromiso coa conservación do medio. Aproximadamente o 12% do seu territorio forma parte da Rede Natura 2000, incluíndo áreas protexidas como a Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPN) de Ponteliñares e Baixa Limia e a Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de A Limia e Baixa Limia. Ademais, tamén se debe indicar que este lugar está integrado na Reserva da Biosfera Área de Allariz e na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés, que inclúe o Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.

    O legado histórico deste Xeodestino A Limia está profundamente influenciado pola antiga Lagoa de Antela, a que foi un dos humidais máis grandes e importantes da Península Ibérica ata a súa desecación na década de 1960. Actualmente, entidades como a Sociedade Galega de Historia Natural traballan na investigación e divulgación dos valores naturais e tradicionais da comarca, co obxectivo de compatibilizar a recuperación de humidais con actividades agrícolas e gandeiras sostibles.

    Dentro das figuras de patrimonio histórico, podemos destacar que a planicie da Limia estivo defendida por catro torres: Torre de Sandiás (no concello de Sandiás), Torre da Pena (no concello de Xinzo de Limia), Torre da Forxa (no concello de Porqueira) e o Castelo de Celme (no concello de Rairiz de Veiga). Deste último só quedan ruínas no alto dun monte dende o que se pode admirar a chaira. Outros puntos importantes do territorio pódense consultar nesta ligazón: https://xeodestinoalimia.gal/patrimonio-historico-natural/

    Para os amantes da ornitoloxía, A Limia ofrece tres áreas de especial interese: as Areeiras da Limia (nos concellos de Sandiás, Vilar de Santos e Xinzo de Limia), a Veiga de Ponteliñares (nos concellos de Rairiz de Veiga e A Porqueira) e a Serra do Larouco (no concello de Baltar). Nestas zonas, a fauna aviar é diversa, incluíndo diferentes especies que se atopan en diferentes hábitats e atopan neles un espazo propicio para o seu desenvolvemento e reproducción. Coñece a fauna do Xeodestino A Limia aquí: https://xeodestinoalimia.gal/aves-da-limia/

    Ademais, tamén hai dispoñibles tres roteiros para facer en coche, a pé ou bicicleta, dispoñibles na web de Turismo Galicia. Esas rutas son: Riparia (para facer en coche), Milvus (para facer en coche) e Podiceps (para facer a pé ou en bicicleta).

    Descubrir o Xeodestino A Limia é sinónimo de descubrir espazos e momentos cun mesmo para desfrutar de actividades que nos fan desconectar. Natureza e historia para somerxerse en espazos que se manteñen vivos a través do tempo.