A túa voz conta. Únete ao GDR Limia-Arnoia
Dá forza á túa voz no GDR Limia-Arnoia: participa no futuro das nosas comarcas e impulsa o patrimonio, o emprego e a organización comunitaria. Contamos contigo!
Dende o GDR Limia-Arnoia queremos que a vosa entidade sexa parte do Grupo de Desenvolvemento Rural. Queremos que participedes no deseño da estratexia para o futuro das comarcas de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.
Os obxectivos do GDR Limia Arnoia son:
- Valoración do patrimonio natural e cultural.
- Mellora do entorno económico coa finalidade de contribuír á creación de emprego.
- Mellorar a capacidade de organización das diferentes comunidades.

Se formas parte dunha asociación xuvenil, de mulleres ou agraria, ou dunha entidade de acción social, para a conservación do medio ou do sector cultural, educativo e etnográfico, queremos contar con vós.
Completa o formulario de solicitude para asociar a túa organización ao Grupo de Desenvolvemento Rural Limia-Arnoia (GDR-10) e envíanos a documentación complementaria ao email info@limia-arnoia.gal. Se tes calquera dúbida, ponte en contacto con nós no teléfono 988 688 779.