Unha oportunidade para impulsar o teu proxecto, para revitalizar o rural

Descubre como os fondos LEADER 23-27 apoian ideas locais con impacto. Ata 100.000€ para iniciativas produtivas e 30.000€ para sociais.

Aproveitando os recursos propios e potenciando a innovación desde abaixo cara a arriba

Programa Leader 23-27

O programa LEADER é unha iniciativa da Unión Europea destinada a manter vivas as áreas rurais dos países membros, pois o 91% da superficie europea é rural e nela reside máis do 56% do poboación. O enfoque LEADER persegue unha aplicación do desenvolvemento rural baseado principalmente na participación da propia poboación do territorio, integrando todos os recursos e actores económicos e humanos que existan na comarca de actuación.

Para asegurar esa participación da sociedade rural constitúense os Grupos de desenvolvemento rural (GDRs), entidades sen ánimo de lucro, con socios públicos e privados que seleccionan os proxectos que lles permiten levar a cabo a súa estratexia de desenvolvemento. As axudas LEADER no territorio GDR Limia-Arnoia xestionaranse seguindo as bases reguladoras aprobadas pola Xunta de Galicia para o periodo PEPAC 2023-2027 en convocatorias anuais, nas que os solicitantes das axudas poderán facer a solicitude no mes seguinte á publicación das bases reguladoras e seguindo os trámites e documentación que marcan as mesmas.

As solicitudes recibidas son revisadas polo equipo técnico do GDR para valorar a subvencionalidade e baremadas para emitir unha listaxe de proxectos subvencionados segundo a tipoloxía de proxectos, sempre que estean ubicadas no ámbito territorial do GDR.

Proxectos subvencionables

Hai dúas liñas de axudas: proxectos produtivos, que implican a realización dunha actividade económica –axuda máxima de 100.000€ e subvención máxima do 50%– e non produtivos; entidades sen ánimo de lucro –axuda máxima de 30.000€ e subvención máxima do 90%–.

Ámbito xeográfico

O GDR10 Limia-Arnoia xestiona os fondos LEADER nos 25 concellos das comarcas Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova.

Calendario

O prazo para a presentación de solicitudes da convocatoria do 2025 está pechado. Neste momento o equipo técnico do GDR10 está a avaliar todas as propostas recibidas. O reparto das axudas farase en función do baremo establecido.

Proxectos subvencionables

Os proxectos que os GDR poden seleccionar clasifícanse como:

Proxectos produtivos

Supoñen a realización dunha actividade económica, tendentes á produción de bens ou servizos e que supoñen unha creación e/ou mantemento de emprego. Subvenciónase ata un 50% do orzamento aceptado e a axuda máxima é de 100.000€.

Bono activa rural

Posta en marcha de actividades non agrarias en zonas rurais. A axuda non estará vinculada á xustificación de ningún gasto ou investimento, senón que se vincula ao mantemento da actividade e ao cumprimento do plan empresarial presentado polo menos durante 5 anos. A axuda pode acadar un máximo de 18.000€.

Proxectos non produtivos

Promovidos por entidades sen ánimo de lucro, entidades públicas locais, comunidades de montes veciñais en man común ou as súas mancomunidades, que non supoñan o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica. Subvenciónase ata un 90% do orzamento. A axuda máxima é de 30.000€.

Ámbito xeográfico

Os proxectos deberán realizarse no territorio do GDR10 Limia-Arnoia. É un territorio amplo e diverso, polo que se fixo unha especialización por zonas con obxectivos diferenciados para cada unha delas.

Na baremación de proxectos produtivos, sumarán 20 puntos os proxectos que respondan aos obxectivos de cada unha das zonas.

Corresponde co parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés e os concellos limítrofes. 

Nos concellos de Muíños, Bande, Lobios, Lobeira, Entrimo, Calvos de Randín e Verea, tentaremos priorizar proxectos que teñan que ver coa posta en valor dos recursos do parque (naturais) dende unha visión produtiva e xeradora de emprego.

Estamos no territorio da comarca da Limia. Unha comarca agraria na que o obxectivo é promover e favorecer proxectos do sector agrogandeiro. 

Proxectos que estean relacionados coa produción, transformación, comercialización e diversificación das explotacións agrarias.

Comprende as comarcas de Terras de Celanova e Allariz-Maceda. Territorios con clara vocación turística e comercial. O obxectivo é mellorar, profesionalizar e diversificar a oferta no sector servizos. 

Dentro da zona 3 creouse a subzona A –Allariz, Taboadela, Xunqueira de Ambía, Baños de Molgas e Maceda– e a subzona B –Celanova, A Bola e Quintela de Leirado–.

Documentos importantes

Se tes unha iniciativa que pode mellorar a vida na túa contorna, crear emprego ou dinamizar servizos, este programa pode darlle o pulo económico que necesitas para poñela en marcha.

Produtos Naturais Bustelo