25-razones-galeria-03
25-razones-galeria-04
25-razones-galeria-06
25-razones-galeria-05

Resumo do proxecto turístico

Concellos:
  • A Bola
  • Allariz
  • Baltar
  • Bande
  • Baños de Molgas
  • Calvos de Randín
  • Celanova
  • Entrimo
  • Lobeira
  • Lobios
  • Maceda
  • Muíños
  • Os Blancos
  • Porqueira
  • Quintela de Leirado
  • Rairiz de Veiga
  • Sandiás
  • Sarreaus
  • Taboadela
  • Trasmiras
  • Verea
  • Vilar de Barrio
  • Vilar de Santos
  • Xinzo de Limia
  • Xunqueira de Ambía
Información básica: Destacar e difundir iniciativas que contribúen á dinamización social e económica e á posta en valor do patrimonio material e inmaterial dos 25 concellos que conforman o territorio do GDR Limia-Arnoia.
Obxectivo: Dinamización social e económica do territorio
Logotipo 25 motivos

25 motivos

25 motivos é unha iniciativa promovida polo GDR Limia-Arnoia para visibilizar o potencial do territorio. O seu obxectivo é poñer en valor os recursos, proxectos e iniciativas que fan únicos aos 25 concellos que nos forman: A Bola, Allariz, Baltar, Bande, Baños de Molgas, Calvos de Randín, Celanova, Entrimo, Lobeira, Lobios, Maceda, Muíños, Os Blancos, Porqueira, Quintela de Leirado, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Taboadela, Trasmiras, Verea, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía.

O proxecto presenta unha colección de motivos – proxectos, produtos, persoas, espazos naturais ou iniciativas culturais – que exemplifican o dinamismo, a creatividade e o futuro do rural. Non se trata dunha única razón por concello, senón dunha suma de historias que amosan o potencial diverso da comarca.

Con 25 motivos queremos mostrar o territorio contado dende dentro. A proposta estrutúrase como unha campaña de comunicación multimedia na web na que a través de fotografías, vídeos e información, se recollen exemplos de produción agroalimentaria, conservación, cultura, emprendemento ou eventos comunitarios. As persoas protagonistas son as veciñas do territorio: produtoras, artesáns, asociacións, administracións locais ou empresas que contribúen a transformar e manter vivo o rural.

Este proxecto, cofinanciado polo FEADER a través do LEADER, busca revalorizar o noso territorio, poñendo o foco no que se está facendo ben en cada concello; darlle voz á xente do rural, facendo visibles proxectos e iniciativas sostibles; promover o consumo local, o turismo de proximidade e o orgullo de pertenza e xerar rede e colaboración entre iniciativas, fortalecendo a cohesión territorial.

25 motivos é unha invitación a descubrir, compartir e quedar, ofrecendo unha xanela aberta ao rural que queremos dende o GDR Limia-Arnoia: vivo, produtivo, creativo e orgulloso das súas raíces. Moitos motivos para un territorio con futuro.