O pasado 9 de setembro abriuse unha convocatoria para contratar persoal técnico para xestionar o programa LEADER 2023-2027 no territorio.
A continuación engadimos un botón coa listaxe provisional de admitidos. As persoas excluídas contan cun prazo de 3 días naturais para a presentación documentación que xustifique os seus méritos (copia da titulación académica) e enviaran dita documentación a info@limia-arnoia.gal.
No caso de detectarse algún erro na documentación a posteriori, será requirida ás persoas candidatas en calquera momento do proceso antes da sinatura do contrato de traballo, momento no que deberá demostrar que se cumpren cos requisitos para o posto
A proba escrita celebrarase o vindeiro xoves 6 de novembro de 2025, ás 10.00 horas nas instalacións municipais do concello de Xinzo de Limia, en concreto na Casa da Cultura. Enviarase correo electrónico recordando o día e lugar da celebración. É indispensable traer o DNI, sen a identificación non poderedes facer a proba escrita.
Calquera dúbida ou consulta poderedes facela por correo electrónico info@limia-arnoia.gal ou ao teléfono 6040260618.
Proceso de selección
O proceso de selección do persoal consta de tres fases cun máximo de 100 puntos:
- Fase A: Proba escrita tipo test (máx. 60 puntos). Será eliminatoria e haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación. Esta proba é a que se fará o vindeiro día 6 de novembro de 2025, ás 10.00 horas.
- Fase B: Entrevista persoal (máx. 15 puntos).
- Fase C: Valoración de méritos (máx. 25 puntos), que incluirá formación e experiencia profesional, especialmente na xestión de programas Leader.
O posto de traballo inclúe tarefas de apoio á xerencia do GDR10 e á execución do programa LEADER, desde o asesoramento á poboación e a tramitación de expedientes ata a dinamización do territorio e a difusión da estratexia de desenvolvemento. A persoa seleccionada colaborará tamén na organización de actividades, informes e xuntanzas, así como na comunicación coas administracións, provedores e entidades asociadas.