Escavación arqueolóxica e posta en valor do Castelo de San Adrao

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
ACI VAL DO ESQUECEMENTO: ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA E POSTA EN VALOR DO CASTELO DE SAN ADRAO

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0388
Concello e lugar: Concello de Lobeira,
Puntuación: 53
Orzamento aceptado: 13.873,75 € €
Porcentaxe axuda: 61,82% %
Contía Axuda: 8.869,19 € €

Descrición

A ACI Val do Esquecemento promove un proxecto centrado na escavación arqueolóxica e recuperación do Castelo de San Adrao, un enclave de gran interese histórico situado en terreo comunal da CMVMC de Cabaleiros. Esta iniciativa xorde do compromiso da asociación e outros grupos da veciñanza, por recuperar e dar a coñecer un espazo patrimonial que permanecía oculto (aínda que Florentino López Cuevillas adicoulle un estudo en 1934).

O principal obxectivo foi investigar, conservar e facer accesible este xacemento, que combina un antigo castro cunha posterior fortificación medieval coñecida como Castellum Santa Crucis. A través deste proxecto, búscase non só afondar no coñecemento dos antigos e antigas habitantes da zona, senón tamén xerar un novo recurso cultural e turístico para o territorio.

A actuación desenvolvida incluíu unha limpeza integral do xacemento, que permitiu identificar as estruturas existentes, seguida de traballos de escavación arqueolóxica e restauración dos elementos exhumados. Esta aposta pola accesibilidade e a divulgación reforza o carácter aberto do espazo, facilitando a súa visita e interpretación por parte de diferentes públicos.

Descubrir un pasado que nunca antes fora explorado

A recuperación do Castelo de San Adrao nace da vontade de sacar do esquecemento un lapa unha zona de gran recoñecemento histórico e patrimonial que permanecera oculta durante séculos.

O proxecto está dirixido tanto á veciñanza como a visitantes, escolares e outros grupos interesados na historia e no patrimonio. A través da organización de rutas e visitas guiadas levadas a cabo por asociacións e empresas da zona, promóvese un achegamento directo ao xacemento, permitindo coñecer de primeira man os resultados das escavacións e a historia do lugar.

Ademais, a posta en marcha deste recurso supón unha oportunidade para dinamizar a economía local, ofrecendo un novo atractivo para o turismo cultural. A súa integración en rutas e propostas xa existentes amplía a oferta da zona e favorece a chegada de visitantes interesados no patrimonio e na natureza.

Así, o Castelo de San Adrao é un espazo recuperado para a comunidade que contribúe a coñecer o pasado do lugar e recobrar do pasado unha historia que permanecía completamente oculta na montaña.ugar cargado de historia e significado. A motivación principal da asociación é poñer no m