Estudo arqueolóxico no Concello de Sarreaus

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2023
Entidade: Pública
CONCELLO DE SARREAUS: ESTUDO ARQUEOLÓXICO

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0399
Puntuación: 57
Orzamento aceptado: 16.940 € €
Porcentaxe axuda: 75,55% %
Contía Axuda: 10.000 € €

Descrición

O Concello de Sarreaus realizou unha acción centrada no coñecemento, protección e planificación do seu patrimonio arqueolóxico. A través deste proxecto, búscase contar cun estudo dos bens patrimoniais existentes no concello, como paso previo para a súa conservación e posta en valor de cara ao futuro.

O obxectivo principal era recompilar, analizar e organizar toda a información dispoñible sobre os elementos patrimoniais do concello, elaborando un documento técnico que sirva de base para a toma de decisións. Este estudo permitirá definir liñas de actuación claras e coordinadas que non date o patrimonio do lugar.

Respetar e coidar o patrimonio histórico local

A realización deste estudo axuda a coñecer a riqueza patrimonial de Sarreaus así como  garantir a súa conservación. Este tipo de traballos tamén contribúe a reforzar a identidade ao recoñecer e poñer en contexto os elementos que forman parte da súa historia. A información recompilada podería ser utilizada en actividades educativas, culturais e turísticas, favorecendo unha maior conexión da veciñanza co seu pasado e abrindo novas oportunidades de desenvolvemento económico.

Deste xeito, o estudo arqueolóxico e o plan director de Sarreaus constitúen unha ferramenta moi útil para garantir a protección e valorización do seu patrimonio.