A queixería artesanal O Rexo mellora e diversifica o seu produto

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
MELLORAS PARA AMPLIACIÓN E DIVERSIFICACIÓN DA PRODUCCIÓN DA QUEIXERÍA ARTESANAL DE O REXO

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0393
Promotor: Granxa Educativa Agrogandeira, S.L.
Concello e lugar: Concello de Allariz, Santa Mariña, Requeixo, Valverde.
Puntuación: 67
Orzamento aceptado: 47.862,41 € €
Porcentaxe axuda: 50% %
Contía Axuda: 23.931,21 € €

Descrición

Granxa Educativa Agrogandeira, S.L. decidiu modernizar da súa queixería artesanal con maquinaria nova para a queixería, co obxectivo de garantir a calidade da súa actividade. Cunha traxectoria de máis de 20 anos, esta explotación combina a produción gandeira en réxime semiextensivo coa transformación do leite, sendo a única en Galicia que elabora queixo de ovella con leite propio.

A actuación céntrase na modernización dos equipamentos da queixería e na adecuación de espazos clave, como a cámara de oreo, esencial para o proceso de maduración do queixo. A incorporación de nova maquinaria permite optimizar o traballo, aumentar o control sobre as técnicas de elaboración e mellorar as condicións de produción.

Unha tradición gandeira cunha gran traxectoria

Esta iniciativa nace da necesidade de manter vivo un proxecto que leva dúas décadas funcionando e xerando actividade económica na contorna. A motivación principal é asegurar a continuidade dunha explotación que combina tradición e compromiso co territorio no que traballa.

Actualmente, tamén apostaron pola diversificación da produción incorporando leite de vaca permite ampliar a gama de produtos lácteos e chegar a novos públicos. A elaboración deste queixo de mezcla nos períodos nos que non hai suficiente produción de ovella contribúe a manter a actividade durante todo o ano, facendo o proxecto máis sostible.

En definitiva, as melloras na queixería representan unha aposta decidida por adaptar un proxecto consolidado ás novas realidades do sector. Un exemplo de como a combinación de tradición gandeira e modernización pode xerar oportunidades, contribuír á fixación de poboación e manter vivo o rural.