Nova lavandería autoservizo no Concello de Maceda

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
Limpiezas Caneiro Lavandería

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0312
Promotor: Limpiezas Caneiro S.L.
Concello e lugar: Concello de Maceda, Maceda
Puntuación: 55
Orzamento aceptado: 65.464,50 € €
Porcentaxe axuda: 46,93% %
Contía Axuda: 28.522,88 € €

Descrición

A empresa Limpiezas Caneiro, S.L. impulsa a creación dunha lavandería autoservizo no concello de Maceda, ampliando así a súa actividade. Cunha ampla experiencia no sector da limpeza, a entidade aposta por diversificar o seu modelo de negocio e adaptarse ás necesidades actuais da poboación.

O obxectivo principal do proxecto é ofrecer un servizo práctico, accesible e moderno que facilite as tarefas do día a día. Ao mesmo tempo, a iniciativa contribúe á dinamización económica local e á creación de emprego.

A actuación inclúe o desenvolvemento completo do proxecto, desde a elaboración do plan de viabilidade e o proxecto técnico ata a execución da obra civil e a adquisición da maquinaria necesaria. O espazo está equipado con sistemas modernos que permiten un uso sinxelo e eficiente por parte das persoas usuarias.

Un servizo útil para a veciñanza

A creación desta lavandería responde á necesidade de achegar servizos de limpeza á poboación. A motivación do proxecto baséase en ofrecer unha solución cómoda e eficiente para o lavado da roupa.

A empresa promotora aposta por consolidar o proxecto a medio prazo, buscando un posicionamento claro como referente en calidade e tecnoloxía. Este enfoque permite garantir a continuidade do servizo e a súa evolución en función da demanda.

Así, esta iniciativa representa unha mellora na vida cotiá da veciñanza, achegando un servizo útil e moderno e incluso xerando emprego, xa que a empresa puido incluir unha nova persoa ao seu equipo de traballo.