Adquisición de equipamento tecnolóxico para tarefas de comunicación

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
equipo tecnolóxico para comunicación

Resumo do proxecto

Expediente: L-21-1920-10-0275
Promotor: Marta Piñeiro Borrajo
Concello e lugar: Concello de Allariz, Santiago de Allariz
Puntuación: 35
Orzamento aceptado: 9.213,18 € €
Porcentaxe axuda: 32,14% %
Contía Axuda: 2.961,12 € €

Descrición

Marta Piñeiro Borrajo é un exemplo de emprendemento no territorio rural. Buscando outro modo de vida, decidiu reorientar a súa profesión e mudarse a Allariz para comezar a súa propia traxectoria no ámbito da comunicación. Para iso, precisou adquisición de equipamento tecnolóxico. Desde Vilar de Flores, no concello de Allariz, aposta por desenvolver servizos audiovisuais nun entorno rural.

A actuación consistiu na compra de material especializado, como unha cámara de maior calidade e un equipo informático con maior capacidade de procesamento. Estes recursos permiten mellorar tanto a captación de imaxes como os procesos de edición e montaxe, garantindo resultados máis profesionais e eficientes.

Agora, Marta traballa para clientes como concellos, entidades e particulares, aos que ofrece solucións adaptadas ás súas necesidades comunicativas.

Creatividade e innovación desde o rural

O proxecto nace dun cambio de vida que leva a Marta a establecerse no rural e a reorientar a súa actividade profesional. A motivación principal é demostrar que é posible desenvolver proxectos audiovisuais de calidade desde contornas pequenas, aproveitando as oportunidades que ofrecen as novas tecnoloxías.

Dirixido a entidades públicas, empresas e particulares, o servizo abrangue a creación de contidos audiovisuais para diferentes canles. Ademais, esta mellora tecnolóxica abre a porta a proxectos máis ambiciosos, que poden implicar a colaboración con outros profesionais e á creación de sinerxías profesionais.

Porén, esta iniciativa representa unha aposta pola innovación e a profesionalización desde o rural, demostrando que a tecnoloxía pode ser unha aliada clave para crear oportunidades.