Modernización tecnolóxica en rotulación e artes gráficas

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
Modernización tecnolóxica en rotulación e artes gráficas

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0305
Promotor: Cutter Rotulación S.L.
Concello e lugar: Concello de Celanova, Santa María. Ansemil. Polígono Empresarial
Puntuación: 31
Orzamento aceptado: 14.200 € €
Porcentaxe axuda: 29,29% %
Contía Axuda: 4.159,18 € €

Descrición

Cutter Rotulación S.L. desenvolveu un proxecto de modernización da súa actividade mediante a adquisición dunha nova máquina impresora destinada a procesos de rotulación, maquetismo e produción en artes gráficas. Esta actuación permitiu incorporar tecnoloxía máis precisa, imprescindible para responder ás esixencias actuais do sector.

O principal obxectivo da iniciativa foi reforzar a capacidade produtiva da empresa, mellorando a calidade dos acabados e ampliando a gama de servizos ofrecidos. A nova impresora posibilita realizar traballos con maior nivel de detalle e precisión.

A intervención consistiu na compra e posta en funcionamento deste equipamento, que se integra no proceso produtivo habitual da empresa e permitindo abordar proxectos de maior complexidade.

Innovación que impulsa as empresas locais

A motivación deste proxecto nace da necesidade de adaptarse á evolución do sector das artes gráficas, no que a innovación tecnolóxica marca a diferenza. A incorporación desta maquinaria permite á empresa ofrecer un servizo máis completo e competitivo desde o rural.

A actividade desta empresa viuse reforzada con esta nova adquisición puidendo ofrecer máis servizos tanto a empresas como a particulares que demandan traballos de rotulación, deseño e produción gráfica de calidade. 

En definitiva, este proxecto exemplifica como a incorporación de maquinaria innovadora pode contribuír á competitividade empresarial nas contornas rurais, fixando actividade económica no territorio e demostrando que calidade e proximidade poden ir da man.