Ecoaloxamentos inspirados na arquitectura tradicional do Xurés
Resumo do proxecto
Descrición
Reguladetalle Construcciones impulsa a creación de Ecoaloxamentos Canastros Xurés, un novo establecemento turístico situado na aldea de Puxedo, no concello de Lobios. O proxecto contempla a construción de dous apartamentos, con capacidade para oito persoas, en cabanas elevadas inspiradas nos tradicionais canastros do Xurés.
Os aloxamentos están construídos íntegramente en madeira certificada e contan con sistemas de enerxías renovables, mediante aerotermia e biomasa. O proxecto inclúe tamén unha área de estacionamento e unha piscina natural.
Novas formas de coñecer o Xurés
A iniciativa nace da relación dos promotores coa propia contorna, onde xa contaban con amizades locais. Ademais do aloxamento, a proposta busca ofrecer aos hóspedes diferentes posibilidades para coñecer e desfrutar do territorio, con actividades como andainas, paseos e alugueiro de bicicletas.
A axuda LEADER foi fundamental para facer posible a actuación, xa que permitiu afrontar a construción do espazo, dos aloxamentos e da piscina.
Ecoaloxamentos Canastros Xurés aposta así por crear unha nova opción de aloxamento en Puxedo, integrada na contorna e vinculada ás posibilidades que ofrece o territorio.