Taboadela inicia a recuperación da Torre medieval de Torán

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2025
Entidade: Pública

Resumo do proxecto

Expediente: 7119-10-0028
Promotor: Concello de Taboadela
Concello e lugar: Concello de Taboadela
Zona: Taboadela (San Miguel)
Renovables: Sí
Puntuación: 64
Orzamento aceptado: 33.587,07 €
Porcentaxe axuda: 83.33 %
Contía Axuda: 27.988,11 €

Descrición

O Concello de Taboadela impulsa os traballos arqueolóxicos e conservativos iniciais para a recuperación da Torre de Santa María de Torán, un ben que se atopaba nunha situación de abandono. Tras adquirir a torre e a finca colindante, o Concello decidiu iniciar os estudos necesarios para coñecer o seu estado e sentar as bases dunha futura actuación de consolidación e posta en valor.

Esta primeira fase inclúe a limpeza da vexetación, a prospección arqueolóxica, o estudo dos materiais, o levantamento planimétrico e topográfico e a elaboración dun plan de etapas. O proxecto permite así reunir a información necesaria antes de avanzar cara á consolidación estrutural da torre.

Un primeiro paso para recuperar a Torre de Torán

Os traballos realizados constitúen o punto de partida para unha actuación posterior. Unha vez avaliado o estado da torre, dos terreos e da súa contorna, o seguinte paso será redactar un proxecto de consolidación e buscar a financiación necesaria para poder executalo.

A recuperación non se limita á propia torre. O Concello adquiriu tamén a finca colindante e pretende poñer en valor todo o conxunto desde o punto de vista turístico, aproveitando o potencial do ben e da súa contorna.

A axuda LEADER foi fundamental para poder acometer esta primeira fase, xa que se trata dun traballo especializado que require a intervención de profesionais da arqueoloxía e implica un custo específico.

Con esta actuación, Taboadela dá os primeiros pasos para recuperar e poñer en valor a Torre de Torán, cunha previsión de alto impacto turístico para o concello. 

A medida que avance o proxecto, o Concello valorará tamén a creación de contidos específicos nos seus canais de comunicación.