Novas · A Xunta Directiva do GDR Limia-Arnoia reúnese para darlle continuidade a diferentes accións do territorio

A Xunta Directiva do GDR Limia-Arnoia reúnese para darlle continuidade a diferentes accións do territorio

O pasado 23 de xullo de 2025, celebrouse na sede do GDR Limia-Arnoia en Xinzo de Limia unha nova xuntanza da Xunta Directiva da entidade. Nesta sesión, tratáronse temas clave para o desenvolvemento rural do territorio, varios deles pendentes de aprobación, entre os que destacan:

  • Convocatoria PEPAC LEADER 2023-207.
  • Bases para a adxudicación de 10 hectáreas restantes da Finca Antela, co obxectivo de impulsar novos proxectos agrogandeiros e sostibles.
  • Aprobación das bases para cubrir unha praza de persoal técnico, que reforzará o equipo durante o período de excedencia dun dos membros actuais.
  • Planificación da Asemblea Xeral Ordinaria, que permitirá informar ás persoas asociadas das accións desenvoltas e das próximas liñas de actuación.
  • Xestión de axudas da Deputación de Ourense para cubrir gastos derivados de proxectos como Mixturando, especialmente no tocante ao IVE e custos bancarios e comentar os avances sobre o proxecto.
  • Convenios coa Axencia de Turismo de Galicia para o Xeodestino A Limia e Allariz-Maceda.
  • Campaña de visibilización e dinamización “25 motivos”.
  • Información sobre “Ruralmente”, proxecto que estimula a adhesión ás DOP/IXP nas zunas rurais de interese estratéxico.
  • Accións de cooperación como “Espazos Efímeros” e “Nó Rural”, en colaboración con outros GDRs galegos.

Dende o GDR seguimos traballando para promover o desenvolvemento sostible dos concellos de Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terras de Celanova. Todas estas accións contribúen a fixar poboación, apoiar o tecido produtivo e preservar os recursos culturais da zona.

Podes consultar o resumo da convocatoria neste botón:

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición