Novas · Aberto o prazo para cubrir unha praza de persoal técnico para reforzar o LEADER 2023-2027

Aberto o prazo para cubrir unha praza de persoal técnico para reforzar o LEADER 2023-2027

O GDR Limia-Arnoia abre unha convocatoria para contratar persoal técnico que se incorpore ao equipo encargado de xestionar o programa LEADER 2023-2027 no territorio. O obxectivo é reforzar o equipo actual cun perfil dinámico, con dispoñibilidade para desprazarse e capacidade para acompañar, asesorar e seguir os proxectos que se presenten ao programa.

Funcións principais do posto

A persoa seleccionada encargarase de:

  • Informar e asesorar á poboación e promotores do programa LEADER.
  • Xestionar e tramitar expedientes.
  • Dinamizar o territorio e apoiar a maduración dos proxectos.
  • Apoiar á xerencia do GDR10 na organización de actividades, informes e xuntanzas.
  • Difundir e darlle publicidade á estratexia de desenvolvemento.
  • Comunicarse coas administracións, provedores e persoas asociadas.

Requisitos mínimos

  • Titulación mínima: diplomatura universitaria ou enxeñaría técnica.
  • Ter máis de 18 anos.
  • Ser cidadán español ou da UE.
  • Celga 4 ou equivalente.
  • Carné de conducir e vehículo propio.
  • Dispoñibilidade horaria.
  • Non estar incurso en causas de incompatibilidade coa función pública.

A finalidade deste proceso é cubrir unha praza de técnico/a mentras dure a excedencia da persoa titular do posto. A persoa seleccionada traballará principalmente na oficina de Celanova, podendo desprazarse ás sedes de Allariz e Xinzo de Limia e formará parte dun equipo interdisciplinario con mobilidade no territorio.

Proceso de selección

O proceso constará de tres fases, cun máximo de 100 puntos:

  • Fase A: Proba escrita tipo test (máx. 60 puntos). Será eliminatoria e haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación.
  • Fase B: Entrevista persoal (máx. 15 puntos).
  • Fase C: Valoración de méritos (máx. 25 puntos), que incluirá formación e experiencia profesional, especialmente na xestión de programas Leader.

Prazo de presentación de solicitudes

Aquelas persoas interesadas en participar no proceso selectivo, deberán presentar as súas solicitudes de forma telemática no correo electrónico info@limiaarnoia.gal e entenderase por rexistrado cando o GDR envíe un correo coa mensaxe “Recibido, o seu número de reserva é…”.

O prazo para presentar as solicitudes é de 20 días naturais contados dende o día seguinte ao da data de publicación na prensa de tirada provincial. Tamén está publicado na nosa web e redes sociais con toda a información accesible no botón que podedes atopar aquí abaixo, xunto con outro botón cos anexos que podes enviar a info@limia-arnoia.gal.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición