O pasado venres 12 de maio, celebrouse en Xinzo a primeira asemblea xeral do GDR 10, Limia Arnoia na que entre outros temas acordouse elixir nova Xunta Directiva, que presidirá Gumersindo Lamas Alvar (alcade de Sarreaus), e na que se incorpararon membros de entidades públicas e privadas de todo o ámbito de actuació (Celanova, Allariz, Bande, Maceda,…)
un dos puntos de máis interese foi o apartado de proxectos presentados, deuse conta dos proxectos presentados nunha primeira convocatoira do LEADER 2017 (até 31 de marzo de 2017) e que están en fase de estudo.
U total de 66 expedientes tramitados, dos cales 56 van ser favorables e que van supor un orzamneto de máis de 8 millóns de euros en proxectos.
| Presentados: | 66 | Presentáronse 66 expedientes, dos que 56 van a ser favorables | |
| Favorables | 56 | Orzamento solicitado total: 8.057.345,67 € | |
| Produtivos | 35 | Solicitado: 6.061.175,54 € | |
| Non produtivos | 21 | Públicos: 11 | Solicitado: 1.084.640,46 € |
| Privados:10 | Solicitado: 445.214,69 € | ||
Por concellos, destacan Allariz e Xinzo de Limia con máis solicitudes de axuda pero unha boa pare do territorio ten presentado proxectos, de investimento privado ou público.
| Concello | Nº proxectos | Non produtivo | Produtivo |
| A BOLA | 1 | 1 | |
| ALLARIZ | 9 | 3 | 6 |
| BALTAR | 1 | 1 | |
| BANDE | 3 | 1 | 2 |
| BAÑOS DE MOLGAS | 1 | 1 | |
| CALVOS DE RANDIN | 1 | 1 | |
| CELANOVA | 4 | 4 | |
| ENTRIMO | 3 | 3 | |
| LOBEIRA | 1 | 1 | |
| LOBIOS | 3 | 2 | 1 |
| MACEDA | 2 | 2 | |
| MUIÑOS | 5 | 3 | 2 |
| OS BLANCOS | 1 | 1 | |
| PORQUEIRA | 2 | 1 | 1 |
| SANDIAS | 1 | 1 | |
| SARREAUS | 1 | 1 | |
| VILAR DE BARRIO | 4 | 4 | |
| VILAR DE SANTOS | 3 | 1 | 2 |
| XINZO DE LIMIA | 9 | 2 | 7 |
| XUNQUEIRA DE AMBIA | 1 | 1 | |
| 56 | 21 | 35 |
Os presentes aprobaron participar no proxecto de cooperación“Camiño de Santiago: Vía da Prata – Camiño Mozárabe” con outros GDR e fixeron unha presentación sobre os orzamentos de 2017, memoria de actividades de 2016 e as inscricións de novas entidades privadas como socias do GDR.


