Novas · Gondomar acolleu o acto de presentación do proxecto de cooperación Leader Espazos Efémeros, unha iniciativa para revitalizar o comercio e a creatividade no rural

Gondomar acolleu o acto de presentación do proxecto de cooperación Leader Espazos Efémeros, unha iniciativa para revitalizar o comercio e a creatividade no rural

O proxecto, impulsado por GDRs de Galicia, Asturias e Portugal, busca revitalizar o comercio local e impulsar o emprendemento creativo no medio rural.

O Pazo da Escola de Gondomar acolleu este xoves 9 de outubro o acto de presentación do proxecto de cooperación transnacional Espazos Efémeros – Espacios Efímeros, unha iniciativa que une a catro grupos de desenvolvemento rural de Galicia e Asturias e Portugal, co obxectivo común de activar o comercio local, apoiar o emprendemento e dinamizar culturalmente os territorios rurais.

O encontro reuniu a representantes institucionais, técnicos e empresariais, así como a produtores e creadoras participantes no primeiro Espazo Efémero que se celebra esta semana en Gondomar, do 9 ao 12 de outubro.

Un acto institucional de apertura

A xornada comezou ás 12:30 horas co saúdo de benvida do alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, quen destacou a importancia de proxectos coma este para “reactivar a vida económica e cultural dos concellos rurais e ofrecer novas oportunidades ao talento local”.

A continuación interveu Sandra González Álvarez, presidenta da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural e alcaldesa de Tomiño, quen presentou oficialmente o proxecto e puxo en valor a súa dimensión interterritorial e cooperativa.

Na primeira mesa de debate, o equipo técnico dos catro grupos de desenvolvemento rural participantes —Galicia Suroeste Eurural, Limia-Arnoia, ADRI Oriente de Asturias e a Associação para o Desenvolvimento Sustentável da Região Saloia (Portugal)— explicou os obxectivos e metodoloxía do proxecto, así como as oportunidades que abre para o emprendemento e a visibilidade do produto local.

A continuación tivo lugar unha mesa sobre os GDR e a cooperación Leader, na que participaron representantes das xuntas directivas dos grupos cooperantes, que coincidiron en salientar a relevancia da colaboración interterritorial como ferramenta clave para a innovación e a cohesión social no medio rural.

Tamén interveu un representante das empresas participantes no Espazo Efémero de Gondomar, quen compartiu a súa experiencia e subliñou o valor que este tipo de iniciativas ten para dar visibilidade ás pequenas produtoras e artesás do territorio.

O peche institucional correu a cargo do subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, que destacou o papel da cooperación e do programa LEADER como motor de desenvolvemento sostible.

O acto rematou cunha foto de familia e unha degustación de produtos locais, simbolizando o espírito de colaboración, identidade e orgullo territorial que caracteriza o proxecto.

Un proxecto con visión compartida

Espazos Efémeros é un proxecto de cooperación transnacional promovido polos Grupos de Desenvolvemento Rural Galicia Suroeste Eurural (coordinador), Limia-Arnoia, ADRI Oriente de Asturias e pola Associação para o Desenvolvimento Sustentável da Região Saloia en Portugal.

A través da creación de espazos temporais de dinamización comercial e cultural, o proxecto busca revitalizar o comercio de proximidade, apoiar novos emprendementos, fomentar a creatividade e reforzar o vínculo entre identidade territorial e produto local. Estes espazos efémeros funcionan como puntos de encontro entre produtores, artesáns, artistas e visitantes, combinando venda directa, talleres, música e actividades divulgativas.

Financiado con fondos LEADER a través da PEPAC 2023-2027, Espazos Efémeros representa un exemplo de cooperación efectiva e equilibrada entre territorios rurais de Galicia, Asturias e Portugal, aliñándose cos obxectivos europeos de sustentabilidade, innovación e cohesión territorial.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición