Novas · Listaxe de proxectos seleccionados para Espazos Efémeros en Celanova

Listaxe de proxectos seleccionados para Espazos Efémeros en Celanova

Dende o GDR Limia-Arnoia facemos pública a resolución de proxectos seleccionados para participar na próxima edición de Espazos Efémeros que se celebrará no Mercado de Abastos de Celanova do 2 ao 4 de abril de 2026.

Esta iniciativa, impulsada no marco da cooperación LEADER, busca activar o comercio de proximidade, apoiar o emprendemento rural e dinamizar culturalmente o territorio mediante a creación de espazos temporais de mostra, venda e experimentación creativa.

Proxectos seleccionados

Tras a revisión das propostas recibidas e a súa valoración conforme aos criterios establecidos nas bases -calidade, sustentabilidade, orixinalidade e vinculación co territorio- as iniciativas seleccionadas son as que se poden consultar no seguinte botón:

As propostas que cumpren os requisitos pero non figuran nesta relación pasan a formar parte dunha lista de agarda, que se activará no caso de producirse baixas ou cancelacións por parte dalgún dos proxectos admitidos. De existir vacantes, a organización contactará directamente coas persoas responsables.

Espazos Efémeros é unha iniciativa de cooperación transnacional que promove novos modelos de dinamización comercial e cultural no medio rural, conectando territorios e poñendo en valor o talento, a artesanía e o emprendemento local.

Desde a organización agradécese a participación de todas as persoas e colectivos que responderon á convocatoria e que contribúen a seguir construíndo este espazo de encontro e innovación no rural.

Máis artigos sobre Novas