Novas · Listaxe provisional de admitidos no proceso de selección para a praza de persoal técnico do GDR Limia-Arnoia

Listaxe provisional de admitidos no proceso de selección para a praza de persoal técnico do GDR Limia-Arnoia

O pasado 9 de setembro abriuse unha convocatoria para contratar persoal técnico para xestionar o programa LEADER 2023-2027 no territorio.

A continuación engadimos un botón coa listaxe provisional de admitidos. As persoas excluídas contan cun prazo de 3 días naturais para a presentación documentación que xustifique os seus méritos (copia da titulación académica) e enviaran dita documentación a info@limia-arnoia.gal.

No caso de detectarse algún erro na documentación a posteriori, será requirida ás persoas candidatas en calquera momento do proceso antes da sinatura do contrato de traballo, momento no que deberá demostrar que se cumpren cos requisitos para o posto

A proba escrita celebrarase o vindeiro xoves 6 de novembro de 2025, ás 10.00 horas nas instalacións municipais do concello de Xinzo de Limia, en concreto na Casa da Cultura. Enviarase correo electrónico recordando o día e lugar da celebración. É indispensable traer o DNI, sen a identificación non poderedes facer a proba escrita.

Calquera dúbida ou consulta poderedes facela por correo electrónico info@limia-arnoia.gal ou ao teléfono 6040260618.

Proceso de selección

O proceso de selección do persoal consta de tres fases cun máximo de 100 puntos:

  • Fase A: Proba escrita tipo test (máx. 60 puntos). Será eliminatoria e haberá que acadar como mínimo o 50% da puntuación. Esta proba é a que se fará o vindeiro día 6 de novembro de 2025, ás 10.00 horas.
  • Fase B: Entrevista persoal (máx. 15 puntos).
  • Fase C: Valoración de méritos (máx. 25 puntos), que incluirá formación e experiencia profesional, especialmente na xestión de programas Leader.

O posto de traballo inclúe tarefas de apoio á xerencia do GDR10 e á execución do programa LEADER, desde o asesoramento á poboación e a tramitación de expedientes ata a dinamización do territorio e a difusión da estratexia de desenvolvemento. A persoa seleccionada colaborará tamén na organización de actividades, informes e xuntanzas, así como na comunicación coas administracións, provedores e entidades asociadas.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición