Novas · Máis de 50 ofertas activas no portal de emprego do GDR10 en Ficar Aquí

Máis de 50 ofertas activas no portal de emprego do GDR10 en Ficar Aquí

Dende o GDR10 continuamos a traballar pola dinamización socioeconómica do territorio a través do portal Ficar Aquí, onde xa se poden atopar máis de 50 ofertas de emprego e oportunidades laborais e empresariais dos 25 concellos que conforman o seu ámbito de actuación.

Este espazo dixital, creado en colaboración coa plataforma Ficar Aquí, agrupa nun único lugar ofertas de traballo, traspasos, alugueiros e vendas de negocios, ofrecendo unha ferramenta útil e dinámica para fixar poboación no rural e fomentar o emprendemento.

As oportunidades son actualizadas de maneira continua e difundidas tamén mediante canles comarcais de WhatsApp (Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e Terra de Celanova), o que permite unha comunicación directa e áxil coas persoas interesadas.

Desde o GDR10, a coordinadora Eva González destaca que “o futuro dos concellos pasa pola creación de emprego e polo aproveitamento dos recursos propios do territorio. Queremos que as persoas que desexan vivir e traballar aquí poidan facelo”.

O sector turístico, a hostalería, a construción e a mecánica son algúns dos ámbitos con máis movemento de ofertas. Entre as oportunidades dispoñibles hai tamén traspasos e alugueiros de negocios, como clínicas dentais ou talleres, que buscan continuar en activo da man de novos administradores.

Todas as persoas interesadas poden rexistrarse de forma totalmente gratuíta no portal e subir tamén as súas ofertas sen custo.

Accede ao portal e consulta as ofertas activas: ficaraqui.gal

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición