Novas · Nenos e nenas do CEIP Padre Feijoo fan un chamamento á cidadanía para o coidado e conservación da Reserva da Biosfera da Área de Allariz

Nenos e nenas do CEIP Padre Feijoo fan un chamamento á cidadanía para o coidado e conservación da Reserva da Biosfera da Área de Allariz

Coas mans en alto e uns antifaces cubríndolle parte da súa cara, os alumnos e alumnas do CEIP Padre Feijoo de Allariz que participan nas xornadas “Son Reserva” fixeron esta mañá un chamamento a toda a cidadanía para reclamar o coidado e conservación do medio e dos diferentes recursos ambientais que forman a Reserva da Biosfera da Área de Allariz.

Para iso aproveitaron a súa visita á Carballa da Rocha onde ademáis de coñecer os diferentes recursos deste espazo visitaron a zona na que foron talados de forma inadecuada varios carballos centanarios. As xornadas “Son Reserva” están promovidas pola Reserva da Biosfera da Área de Allariz e o GDR Limia-Arnoia e teñen co fin de divulgar e sensibilizar aos máis novos sobre os valores e recursos que hai na Reserva da Biosfera. No mes de maio, os días 4 e 5, os alumnos e alumnas do CEIP Carlos CIP Arregui, de Rairiz de Veiga, participarán neste programa didáctico.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición