Vén de publicarse recentemente no Portal de Contratación do Estado unha nova licitación para a contratación dos traballos forestais de recuperación e ampliación dunha masa mixta con dominancia de Quercus suber no concello de Lobios, no marco do proxecto “Desenvolvemento de novas estratexias de valorización do bosque mixto atlántico en espazos protexidos de Galicia e Asturias (MIXTURANDO)”, que está financiado pola UE asociado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
- Valor estimado do contrato: 67.422,18€
- Lugar: Lobios (Ourense)
- Método de presentación da oferta: electrónica
- Data fin de presentación da oferta: 16 de xullo de 2025 ás 14:00h.
Podes acceder a toda a información da licitación nesta ligazón: bit.ly/gdr-LA005