
O GDR Limia-Arnoia súmase a “Ruralmente”, un proxecto que facilitará o intercambio de coñecementos e a innovación entre rexións
A mediados do vindeiro mes de xuño ponse en marcha “Ruralmente”; un proxecto do que forma parte o GDR Limia-Arnoia xunto co GDR Valle del Ambroz de Cáceres e o GDR Galicia Suroeste, que se encargará da coordinación do mesmo.







