No primeiro trimestre de 2024 o GDR Limia-Arnoia no seu proxecto Aterra firmou un convenio coa Deputación Provincial de Ourense para a cesión da “Finca Antela” situada no Concello de Sandiás.
A finalidade deste convenio é conseguir mobilizar as 49 hectáreas entre os produtores da zona arrendando as parcelas para cultivos en ecolóxico. Nestes últimos meses levouse a cabo todo o proceso de adxudicación que foi aprobado tanto pola comisión de seguimento da Deputación como pola directiva do GDR Limia-Arnoia.
A resolución da adxudicación, pode consultarse a continuación.
Despois da publicación da adxudicación dos lotes aos agricultores beneficiarios, asinarase un documento entre ambas partes no que se aceptará dita adxudicación e disporán dun prazo de 60 días naturais para formalizar o contrato de arrendamento en documento público co GDR Limia Arnoia. A vixencia do contrato de arrendamento será de 5 anos, prorrogables a 8, previa solicitude do arrendatario e valoración do comité de seguimento.