Novas · O GDR Limia-Arnoia avanza na recuperación do monte galego a través do proxecto Mixturando

O GDR Limia-Arnoia avanza na recuperación do monte galego a través do proxecto Mixturando

Dende o GDR Limia-Arnoia continuamos dando pasos firmes no desenvolvemento do proxecto Mixturando, unha iniciativa de recuperación e xestión sostible do monte mixto atlántico en concellos de comarcas da Limia, Baixa Limia e Allariz-Maceda. A través deste proxecto, estanse a exectuar accións estratéxicas para potenciar a biodiversidade, previr incendios, recuperar pastos e reactivar usos tradicionais do monte.

Ata o momento as actuacións tiveron lugar no concellos de Entrimo, Muíños e Lobios, centrándose na silvicultura en masas de Quercus e Castanea, recuperación de pastos e gandaría extensiva de vacún e porcino, cun enfoque de aproveitamento sostible e restauración ecolóxica.

Actuacións en marcha en Entrimo

No CMVCM A Pereira xa se completaron importantes traballos relacionados co tratamento silvícola nunha masa de Quercus pyrenaica en 15 Ha:

  • Rozas manuais con motodesbrozadora.
  • Clareos e podas en masas de frondosa
  • Selección de brotes e formación de copas que cheguen aproximadamente aos 2 metros.
  • Tratamento dos restos, con tronzado e trituración con motodesbrozadora, para mellorar a estrutura do bosque.

En Entrimo tamén se levaron a cabo accións para a implantación do pasto en altura:

  • Eliminación do mato e a preparación do terreo con maquinaria pesada para despois asentar especies pastícolas de alta montaña.
  • Crear a infraestrutura de acompañamento para incluír gando vacún na zona, partindo dunha manga de manexo xa existente.

Recuperación de pastos en Calvelo e Cercedo (Muíños)

Tamén no concello de Muíños se iniciou a recuperación dos pastos nas zonas de Calvelo e Cercedo, con actuacións de roza e preparación do terreo para a introdución de gando en extensivo.

As intervencións permiten:

  • Reducir o mato co desbroce selectivo.
  • Creación dun pasteiro con maquinaria pesada e unha sementeira adaptada á zona.
  • Selección de pés de frondosa (Quercus robur e Quercus pyrenaica) e poda de pés.

Coidado dos castiñeiros centenarios en Lobios

Neste concello farase unha dobre actuación:

  • Sobre os castiñeiros centenarios da zona centrada no corte sanitario, que está pendente de actuación.
  • Desbroce baixo estas árbores para protexelos contra os incendios forestais.
  • Accións de mantemento, desbroce manual e reposición daqueles que o precisen.

Ata o momento levamos actuado co desbroce manual en 1,5 Ha.

O proxecto Mixturando

Mixturando é un proxecto de cooperación interterritorial centrado na recuperación e xestión sostible do monte mixto atlántico en Galicia e Asturias. Está promovido polo GDR Limia-Arnoia, xunto co GDR Terra e Auga, o GDR Camín Real de la Mesa (Asturias) e a Universidade de Santiago de Compostela, e conta co financiamento da Fundación Biodiversidad a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU.

Máis artigos sobre Mixturando, Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición