Novas · O GDR Limia-Arnoia e a Diócese de Ourense asinan un acordo para impulsar o sector agrogandeiro

O GDR Limia-Arnoia e a Diócese de Ourense asinan un acordo para impulsar o sector agrogandeiro

Gumersindo Lamas, presidente do GDR Limia-Arnoia e Raúl Alfonso González, Vicario Episcopal para o Patrimonio e o Sostemento da Igrexa da Diócese de Ourense, asinaron esta mañá un convenio de colaboración que ten como finalidade o impulso do sector agrogandeiro do territorio. Este é un acordo que se enmcarca dentro do proxecto Aterra; unha iniciativa pioneira de xestión de terras liderada GDR Limia-Arnoia e que será o eixo central de actuación do grupo nos próximos meses.  

Coa sinatura deste convenio, a Diócese de Ourense – propietaria dun notable patrimonio rústico e que unha parte está en desuso – pon a disposición de todas aquelas persoas que o necesiten estes terreos. Os técnicos do GDR Limia-Arnoia serán os encargados de publicitar estas terras tanto na páxina web (aterra.gal) como a través das súas redes sociais. Ademais, actuarán como intermediarios para facilitar o acordo de aluguer, venda ou cesión entre os interesados actuando como intermediarios xa que Aterra é un servizo sen ánimo de lucro.

O presidente do GDR Limia-Arnoia agradeceu a colaboración da Diócese ourensana no impulso do sector agrogandeiro do territorio e contribuír así á recuperación das terras abandonadas ou en desuso a través da posta en contacto de ofertantes e demandantes dos terreos e outras explotacións.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición