Dende o GDR Limia-Arnoia sabemos que sacar adiante un proxecto ou un pequeno negocio non é tarefa doada. Por iso, puxemos en marcha un programa de mentoría totalmente gratuíto, pensado para persoas autónomas e pequenas empresas da nosa área de actuación que queiran mellorar aspectos clave do seu día a día.
En que consiste?
Ofrecemos bolsas de mentoría individualizada que inclúen 5 sesións prácticas (5 horas en total), das cales 2 serán presenciais, co obxectivo de:
- Mellorar a túa comunicación (páxina web, redes sociais…)
- Avanzar na dixitalización do teu negocio.
- Optimizar a túa presenza en Google.
- Aprender a usar ferramentas como ChatGPT para aforrar tempo e gañar eficiencia.
Para quen é?
Este programa está pensado para xente que está á fronte dun proxecto e que non sabe por onde comezar cando se trata de mellorar a súa presenza dixital ou a súa comunicación.
Ofrecemos un acompañamento realista, sen tecnicismos, centrado nas túas necesidades e coa guía dunha persoa experta que che axudará paso a paso.
Como participar?
Se tes interese neste programa de mentoría, só tes que cubrir este formulario breve para que poidamos coñecer mellor a situación do teu proxecto
Nós acompañámoste. Sen custo e sen complicacións. Calquera dúbida podes poñerte en contacto coa nosa oficina no teléfono 988 688 779.