Novas · O GDR Limia-Arnoia organiza dúas xuntanzas abertas de participación social sobre patrimonio e medio ambiente

O GDR Limia-Arnoia organiza dúas xuntanzas abertas de participación social sobre patrimonio e medio ambiente

Esta semana, no GDR Limia-Arnoia organizamos dúas xuntanzas abertas de participación social para falar sobre patrimonio e medio ambiente no noso territorio.

  1. Martes 28/03 ás 9:45 h., no salón de plenos do Concello de Bande. Xuntanza sobre patrimonio, dirixida especialmente a persoas que traballen en proxectos vinculados co patrimonio do noso territorio. A xuntanza está aberta a calquera persoa que teña interese.
  2. Xoves 30/03 ás 9:45, na sede do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, en Lobios. Xuntanza sobre medio ambiente. Aberto a todas as persoas que queiran participar, é interesante, sobre todo, para profesionais vinculadas e vinculados coa xestión do medio natural.

Estas xuntanzas forman parte do proceso participativo da Estratexia de Desenvolvemento Local 2023-2027 que estamos a elaborar.

Máis artigos sobre Novas

Programación Ruralmente: que imos facer?

O proxecto Ruralmente continúa a súa programación cunha serie de xornadas dedicadas á pataca de Galicia, un produto clave para a economía e a identidade agraria da comarca da Limia. As actividades desenvolveranse os días 25, 26 e 27 de