Novas · O GDR Limia-Arnoia recibe máis de 50 solicitudes na convocatoria LEADER 2025-2026

O GDR Limia-Arnoia recibe máis de 50 solicitudes na convocatoria LEADER 2025-2026

O programa LEADER, integrado no Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027, é unha das principais ferramentas da Unión Europea para apoiar o desenvolvemento sostible no medio rural. Forma parte das medidas de desenvolvemento rural e ten como obxectivo impulsar proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida, fixar a poboación e dinamizar a economía local.

Para asegurar a participación directa da sociedade rural no deseño e execución de proxectos, constituíronse os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs), que somos entidades sen ánimo de lucro, integradas por socios públicos e privados, que seleccionan os proxectos que mellor se axustan á súa estratexia de desenvolvemento territorial.

No caso do GDR Limia Arnoia, a convocatoria 2025-2026 rematou recentemente a fase de presentación de solicitudes, na que se rexistraron un total de 53 proxectos.

Distribución das solicitudes presentadas

  • 14 proxectos non produtivos públicos, para os que se orzamentan 367.784,55 €
  • 8 proxectos non produtivos privados, para os que se orzamentan 260.137,78 €
  • 31 proxectos produtivos, para os que se orzamentan 3.435.828,78 €

Actualmente, os expedientes atópanse en fase de revisión e valoración. Unha vez seleccionados os proxectos, os beneficiarios deberán presentar unha xustificación parcial ata o 15 de outubro de 2025 e a xustificación final no mes de xuño do 2026.

Dende o GDR Limia-Arnoia agradecemos o interese e o compromiso de todas as persoas e entendidades que presentaron proxectos. Esta resposta vosa demostra a vontade de transformar o territorio dende dentro, facendo uso dos fondos LEADER como ferramenta de desenvolvemento local participativo.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición