Novas · Posta en valor da Mutatio “As Mourúas”

Posta en valor da Mutatio “As Mourúas”

Posta en valor da Mutatio “As Mourúas”

Proxectos Non Produtivos – Entidades Privadas

O proxecto presentado pretende recuperar a mutatio de As Mourúas para incrementar notablemente o atractivo turístico dun monte con gran valor forestal e natural.

Co proxecto foméntase, do mesmo xeito, o valor educativo e científico do monte, contribuíndo a unha xestión máis sustentable do territorio e a unha valoración integral dos seus recursos. Tamén pode incidir na mellor conservación do entorno rural, pois aumenta o valor de recreo público do monte, incide no desenvolvemento da comarca e xera riqueza.

Dentro dunha zona de gran valor patrimonial marcada polo paso da Via Nova, preténdese crear un espazo arqueolóxico didáctico e interpretativo, exaltando os principais valores do legado arqueolóxico galaico-romano e da Via Nova.

Recuperarase/escavarase a mutatio de As Mourúas; e instalaranse paneis infomativos nos puntos acceso e sitio. O fin vai encamiñado á captación dun turismo que faga uso e disfrute dos valores ofertados polo entorno, repercutindo positivamente na economía local, sobre todo no sector hosteleiro e na restauración; contribuíndo en definitiva á mellora da calidade de vida da poboación.

Expediente: L20-19.20- 10-0199

Titulo Proxecto: Posta en valor da Mutatio ” As Mourúas”

Promotor: CMVMC SERRA DO XURÉS

Concello e lugar do investimento: LOBIOS. Riocaldo

Puntuación:61

Contía Axuda: 23.976,17 €

Fotos previo execución

Ver outros proxectos

Ubicación: Ver en Google Maps

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición