Novas · Primeira mesa de emprego “Nó Rural”

Primeira mesa de emprego “Nó Rural”

Close up detail of team working o new project in coworking space, writing ideas, looking through graphics on tablet and laptop. Teamwork, business concept

O proxecto “Nó Rural” é unha iniciativa para o acompañamento da mocidade interesada nas oportunidades das áreas rurais para desenvolver así o seu proxecto profesional e persoal.

A través desta rede, búscase animar a incorporación de persoas no sector primario. “Nó Rural” fomenta a emprenduría e mellora a empregabilidade, conectándose as empresas do rural e o talento da mocidade, mellorando a coordinación e o traballo en rede das administracións públicas, empresas, centros educativos e universidades pola permanencia ou retorno do talento da xuventude.

Deste xeito, organízase este primeiro encontro que terá lugar o xoves 30 de xuño ás 11:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Xinzo de Limia. Será presencial pero tamén haberá opción telemática.

Nesta mesa participarán os responsables de emprego das zonas de Allariz-Maceda, A Limia, Terras de Celanova e Baixa Limia. Neste primeiro encontro búscase encontrar e establecer en común novas liñas de intervención cara a mellor de emprego do territorio.

O enlace para seguir a xuntanza será este. Para asistir de maneira presencial, prégase confirmar asistencia no correo info@limia-arnoia.gal.

Traballo “Nó Rural”

O proxecto “Nó Rural” vén de lanzar o portal de emprego Traballo Nó Rural onde se publican diferentes ofertas de emprego. Actualmente, hai dúas ofertas en San Sadurniño para peón nunha empresa de viveiros e outra para persoal para granxa de gando vacún.

Máis artigos sobre Novas

Taboadela acolle a presentación do Xeodestino das Artes

Este sábado 4 de outubro, a Rectoral de Taboadela acollerá unha xornada moi especial que marcará a presentación oficial do Xeodestino Allariz-Maceda, tamén coñecido como Xeodestino das Artes. Será un encontro pensado para achegar a cultura á veciñanza, combinar tradición