A queixería artesanal O Rexo mellora e diversifica o seu produto
Descrición
Granxa Educativa Agrogandeira, S.L. decidiu modernizar da súa queixería artesanal con maquinaria nova para a queixería, co obxectivo de garantir a calidade da súa actividade. Cunha traxectoria de máis de 20 anos, esta explotación combina a produción gandeira en réxime semiextensivo coa transformación do leite, sendo a única en Galicia que elabora queixo de ovella con leite propio.
A actuación céntrase na modernización dos equipamentos da queixería e na adecuación de espazos clave, como a cámara de oreo, esencial para o proceso de maduración do queixo. A incorporación de nova maquinaria permite optimizar o traballo, aumentar o control sobre as técnicas de elaboración e mellorar as condicións de produción.
Unha tradición gandeira cunha gran traxectoria
Esta iniciativa nace da necesidade de manter vivo un proxecto que leva dúas décadas funcionando e xerando actividade económica na contorna. A motivación principal é asegurar a continuidade dunha explotación que combina tradición e compromiso co territorio no que traballa.
Actualmente, tamén apostaron pola diversificación da produción incorporando leite de vaca permite ampliar a gama de produtos lácteos e chegar a novos públicos. A elaboración deste queixo de mezcla nos períodos nos que non hai suficiente produción de ovella contribúe a manter a actividade durante todo o ano, facendo o proxecto máis sostible.
En definitiva, as melloras na queixería representan unha aposta decidida por adaptar un proxecto consolidado ás novas realidades do sector. Un exemplo de como a combinación de tradición gandeira e modernización pode xerar oportunidades, contribuír á fixación de poboación e manter vivo o rural.