Acondicionamento dos lavadoiros de Nocelo

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2023
Entidade: Pública
ACONDICIONAMENTO DOS LAVADOIROS DE NOCELO

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0384
Promotor: Concello de Baños de Molgas
Concello e lugar: Concello de Baños de Molgas, San Salvador de Nocelo
Puntuación: 50
Orzamento aceptado: 30.000 € €
Porcentaxe axuda: 67,78% %
Contía Axuda: 20.334 € €

Descrición

O Concello de Baños de Molgas leva a cabo o proxecto de acondicionamento dos lavadoiros de Nocelo, unha intervención centrada na recuperación desta construción tradicional. Esta actuación inclúe tamén elementos asociados como hórreos e un forno, configurando un espazo representativo da vida cotiá no rural de hai uns anos atrás.

Os traballos realizados abarcan actuacións completas de limpeza e desbroce do entorno, así como a retirada de elementos inadecuados incorporados co paso do tempo. Procedeuse á desmontaxe da cuberta existente, á demolición de muros de ladrillo e á eliminación de formigón, recuperando a esencia orixinal do que fora o lavadoiro.

Ademais, executáronse novos pavimentos, unha nova cubrición acorde coa tipoloxía tradicional e revisáronse os sistemas de recollida de augas pluviais. Todo isto acompañado dunha correcta xestión dos residuos xerados.

Recuperar a esencia dos espazos tradicionais

A rehabilitación dos lavadoiros de Nocelo responde á importancia de conservar aqueles lugares que forman parte da memoria da aldea. Estes espazos foron durante décadas puntos de encontro fundamentais, onde se reforzaban as relacións sociais entre a veciñanza.

O proxecto está dirixido tanto ás persoas residentes como a quen visita a zona, ofrecendo un lugar coidado, accesible e integrado na paisaxe seguindo a arquitectura tradicional. Por outra banda, o seu acondicionamento favorece o seu uso como punto de encontro, actividades culturais, rutas, entre outros. 

A mellora da contorna tamén ten un impacto positivo desde o punto de vista urbanístico, mellorando espazos degradados non só co paso do tempos, senón debido tamén a reconstrucións e reformas que non tiveron o debido estudo histórico nin a sensibilización coa historia do lugar nin coa harmonía do lugar.

En definitiva, esta actuación permite recuperar un conxunto valor histórico e social, devolvéndolle a súa funcionalidade e dignidade. Un proxecto que ontribúe a construír un rural máis coidado e conectado coa súa historia social.