Alugueiro e recarga de bicicletas eléctricas en San Paio de Araúxo (Lobios)

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
ESTACIÓN DE RECARGA DE BICICLETAS ELÉCTRICAS

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0380
Promotor: Asociación de Veciños Montes de Puxedo, Guende e A Cela
Concello e lugar: Concello de Lobios, San Paio de Araúxo
Puntuación: 57
Orzamento aceptado: 38.938,61 € €
Porcentaxe axuda: 69,09 % %
Contía Axuda: 26.902,68 € €

Descrición

A Asociación de Veciños Montes de Puxedo, Guende e A Cela centra este proxecto na mobilidade e o turismo sostible. Con preto de 200 persoas asociadas, a entidade leva anos desenvolvendo iniciativas que coidan do monte veciñal.

O obxectivo principal desta actuación é fomentar un modelo de turismo e transporte respectuoso co medio. A través da instalación dunha estación de recarga e a posta en marcha dun servizo de bicicletas eléctricas, búscase atraer visitantes e promover novas formas de gozar da paisaxe. Dita estación permite a recarga das bicicletas eléctricas, ofrecendo un servizo práctico que facilita percorridos por diferentes zonas do territorio sen impacto ambiental significativo.

Este proxecto enmárcase nun plan máis amplo de xestión do territorio, que inclúe a mellora de accesos, desbroces, recuperación de flora autóctona e ordenación do minifundio mediante a colaboración entre propietarios. Todo isto contribúe a poñer en valor un espazo que combina riqueza natural, cultural e paisaxística e que incluso favorece a apertura de negocios e fixación da poboación.

Reducir o impacto ambiental da mobilidade

A creación desta estación de recarga e alugueiro de bicicletas eléctricas responde á vontade de ofrecer alternativas sostibles de mobilidade no rural, adaptadas tamén ás novas demandas turísticas. 

Dirixido tanto á veciñanza como ás persoas visitantes, este servizo permite descubrir a zona dun xeito accesible, saudable e respectuoso. As rutas en bicicleta eléctrica facilitan o percorrido por zonas de difícil acceso con automóbiles, abrindo novas posibilidades para coñecer a paisaxe, a biodiversidade e o patrimonio local.

A participación da veciñanza asociada é fundamental neste proceso, xa que a asociación actúa como eixo vertebrador entre persoas propietarias, técnicas e outras iniciativas. A través deste tipo de actuacións, demóstrase que o rural pode ser un espazo de innovación no eido da mobilidade.