Asesoría de empresas Xiama

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Produtivo
Ano: 2019
Asesoría Xiama

Resumo do proxecto

Expediente: L19-19.20-10-0140
Promotor: Xiama S.L.
Concello e lugar: Xinzo de Limia
Puntuación: 69
Orzamento aceptado: 200.857,25  €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía Axuda: 100.000,00  €
UTAS Xerados: 2
UTAS Consolidados: 7,12
Notas: Limitación por EDLP

Descrición

Proxecto de mellora e incorporación dos servizos ofrecidos pola Asesoría Xiama, ampliando o seu espazo de traballo.

O obxectivo principal desta empresa era incrementar a gama de servizos prestados, incorporando novos servizos administrativos para as PEMES, polo que cómpre levar a cabo unha ampliación de 450 metros cadrados a superficie, mediante o alugamento dun local comercial adicional, que será adaptado, amoblado e dotado coas últimas tecnoloxías para conseguir unha oficina totalmente equipada con tecnoloxías de comunicación TIC, e dispoñer dun espazo de traballo, lugar de reunións e sala de formación, podendo contar con novo persoal cualificado para o traballo.

Asesoramento empresarial desde o rural

Xiama é unha empresa, asentada en Xinzo de Limia, que ofrece un servizo de asesoramento integral a empresas, cubrindo todas as necesidades, que estas poidan ter. O seu propietario, Anxo, leva moitos anos no sector, apostando pola innovación e pola profesionalidade.

En setembro de 2020 inauguráronse as novas oficinas da empresa. Ampliar, optimizar e modernizar as instalacións supuxo unha maior eficiencia e sostibilidade, aínda sendo unha oficina de maiores dimensións. Tamén a adquisición dun novo equipamento coas tecnoloxías máis avanzadas, permitiu melloras, de modo que aumentou a calidade de atención ao cliente e se ampliou a súa oferta de servizos.

O equipo de traballo de Xiama é amplo e diverso, de forma, que hai persoal especializado en cada campo, o que lle permite ofrecer servizos de ámbitos tan dispares como seguros, impostos, nóminas, contabilidade, finanzas, comunidades, subvencións, etc.

Unha proposta de xestión e asesoramento integral, que aposta polo desenvolvemento e innovación na nosa terra, ofrecendo os seus servizo desde Xinzo de Limia a empresas de todo o mundo.