Aula de informática e coworking

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2023
Entidade: Pública
aula de informáticoa os blancos

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0392
Promotor: Concello dos Blancos
Concello e lugar: Concello dos Blancos, San Breixo
Puntuación: 60
Orzamento aceptado: 33.420,30 € €
Porcentaxe axuda: 78,89% %
Contía Axuda: 26.365,27 € €

Descrición

O Concello dos Blancos decidiu crear unha aula de informática así coma un espazo de coworking para modernizar os servizos na zona. Esta iniciativa busca ofrecer novas oportunidades de acceso á tecnoloxía especialmente a aquelas persoas que non dispoñen dos dispositivos ou da conexión necesaria para realizar determinadas actividades como son os trámites online ou enviar un correo electrónico.

O obxectivo principal do proxecto é facilitar un espazo funcional no que a veciñanza poida formarse, traballar e relacionarse. Ao mesmo tempo, preténdese reducir a fenda tecnolóxica existente, especialmente entre as persoas de maior idade.

A actuación consistiu na adaptación dun espazo como aula de informática e área de coworking. O espazo foi equipado para acoller actividades formativas e laborais.

Un espazo para impulsar a dixitalización

A creación desta aula de informática e coworking responde á necesidade de facilitar a inclusión dixital. A motivación do proxecto céntrase en ofrecer un lugar onde as persoas poidan adquirir novas competencias, conectarse a internet e desenvolver iniciativas propias.

A aula está sendo utilizada especialmente por persoas maiores de 65 anos, favorecendo a aprendizaxe progresiva e o uso autónomo das tecnoloxías. A través de xornadas específicas de formación e outras actividades promóvese a accesibilidade ao ámbito dixital.

Ao mesmo tempo, o coworking ofrece unha oportunidade para que outras persoas usuarias poidan desenvolver o seu traballo nunha contorna compartida, fomentando o intercambio de coñecementos. Este tipo de espazos contribúen a xerar comunidade e a crear sinerxías entre diferentes iniciativas, proxectos e negocios.