Calidade e sabor na tenda gourmet da Fundación Ramón González Ferreiro

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
FUNDACIÓN RAMÓN GONZÁLEZ FERREIRO: TENDA GOURMET.

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0421
Promotor: Fundación Ramón González Ferreiro
Concello e lugar: Concello de Allariz, Requeixo de Valverde
Puntuación: 57
Orzamento aceptado: 30.621,94 € €
Porcentaxe axuda: 69,09 % %
Contía Axuda: 12.310,46 € €

Descrición

A Fundación Ramón González Ferreiro adaptou a súa tenda de degustación para favorecer o acceso a todas as persoas que decidan coñecer os produtos locais e da propia granxa da fundación. Baixo a dirección de Milagros Ferreiro, a organización une a actividade económica e didáctica da agrogandaría coa promoción e venda dos produtos típicos do rural como os queixos ou a mel.

O obxectivo principal deste proxecto é dar visibilidade aos produtos da propia granxa, así como a elaboracións doutros produtores e produtoras da contorna. Ao mesmo tempo, búscase mellorar a experiencia das persoas visitantes, ofrecendo un espazo acolledor e accesible para todo o mundo.

A actuación consistiu na adecuación da iluminación para mellorar a visibilidade e unha rampa de madeira, facilitando o acceso a persoas con mobilidade reducida de madeira, reducindo o impacto visual e integrándose na contorna.

Sabores que identifican lugares e faceres

Esta tenda responde á vontade de achegar os sabores tradicionais ás persoas visitantes, permitindo coñecer de primeira man os produtos e o traballo que hai detrás de cada elaboración. 

O espazo está pensado para acoller tanto a visitantes individuais como grupais, así coma escolares. Durante as visitas, as persoas asistentes poden degustar produtos como queixos, chourizos ou salchichóns que se elaboran na propia granxa, promovendo o consumo de proximidade e feito cos saberes tradicionais. 

As persoas interesadas poden achegarse á fundación para coñecer este espazo e participar nas actividades e visitas, descubrindo un proxecto que aposta polo rural e a gandaría tradicional.