Construcciones Portela – Planta móbil para triturar residuos pétreos
Descrición
Proxecto dunha obra civil e tamén de dotación de equipos para a instalación dunha planta móbil de triturado de residuos pétreos da construción.
A empresa, José Manuel Portela Seguín SLU, actuará dentro da planta coma fóra, é dicir, realizará desprazamentos coa maquinaria onde sexa preciso facer unha recollida e tratado dos residuos. A máquina tamén separará os materiais para a súa reciclaxe.
Dito proceso realizarase da seguinte maneira:
- Recollida do material en contedores, onde estará todo mesturado.
- Traslado á planta.
- Tratado e separación dos residuos.
- Traslado deses materiais a puntos específicos para o seu correcto reciclado.
- Os residuos sólidos de cemento, pedra e ladrillo serán tratados e reciclados para utilizar novamente en recheos.
- Para iso, serán triturados do tamaño preciso para o seu emprego como recheo.
- Unha vez elaborado, o produto final será comercializado con empresas de asfaltado e construción.
Segundas oportunidades para o material da construción
José Manuel Portela decidiu no 2018 ampliar a súa empresa para poder ofrecer un servizo que non existía na zona: a reciclaxe do escombro da construción. Antes disto, só se dedicaba á albanelaría tradicional, pero decidiu ampliar a oferta de servizos da empresa cunha nova liña de traballo.
Cas súas máquinas separa correctamente os metais e os plásticos dos resíduos pétreos das obras. Posteriormente, trituran os materiais de escombros pétreos e transfórmaos en materiais útiles para empregar en novas obras.
Este novo servizo da súa empresa, chegou nun momento no que era moi necesario polo endurecemento das normativas para o tratamento dos resíduos e escombros das obras. Ademais, consegue que os materiais pétreos se poidan reutilizar, evitando así a sobreexplotación do medio ambiente para conseguir novos materiais.
Aínda que os seus clientes pertencen á zona da Limia, tamén se despraza a calquera zona de Galicia para realizar o correcto tratamento dos residuos nas obras. Ca implantación deste sistema, José Manuel puido xerar novos postos de traballo na zona e consolidar os existentes.