Dinamización do espazo histórico do Couto Mixto: o Castelo da Picoña

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Non produtivo
Ano: 2019
Entidade: Pública
Castelo da Picoña

Resumo do proxecto

Expediente: L18-19.20- 10-0098
Promotor: Concello de Calvos de Randín
Concello e lugar: Calvos de Randín
Puntuación: 69
Orzamento aceptado: 55.588,25 €
Contía Axuda: 30.000,00 €
Notas: Limitación por EDLP(50%)

Descrición

Este proxecto consiste na ampliación da oferta cultural no Couto Mixto coa recuperación e posta en valor do seu patrimonio arqueolóxico, comunicando os recursos coa recuperación dos camiños tradicionais existentes e levando a cabo unha musealización interpretativa in situ.

Os obxectivos son:

  • Recuperar e actualizar a sinalización do Camiño Privilexiado.
  • Localización de recursos arqueolóxicos existentes no Couto Mixto e contorna.
  • Excavación arqueolóxicca e consolidación de restos atopados no Castelo da Picoña.
  • Musealización in situ mediante paneis interpretativos do Castelo da Picoña e Camiño Privilexiado

Proxecto Picoña

O proxecto de dinamización do espazo histórico do Couto Mixto a través do seu patrimonio arredor do Castelo da Picoña arrincou no ano 2020.

Por un lado, actuouse directamente sobre o propio Castelo, rozando o entorno e limpándoo e axudando á súa interpretación e por outro lado, a actividade tamén se centrou no seu entorno, para ter un maior coñecemento histórico-xeográfico concreto.

O Castelo da Picoña é un castelo que está moi relacionado coa historia fronteiriza entre Galicia e Portugal e tralos traballos realizados, quedaron á vista: a propia planta da torre, as escaleiras de acceso, baluartes ou o alxibe. Pero ademais, tamén se puideron documentar outros elementos como pías ou alquerques, que reflexan outros aspectos da vida dos ocupantes do castelo.

Con toda a información á vista, a fase de valorización entra en terreo para colocar paneis físicos e virtuais para sinalar e reflexar o patrimonio arqueolóxico na contorna do Couto Mixto e do Concellos de Calvos de Randín.