Enforma Fitness
Descrición
Proxecto de mellora dun espazo para a instalación dunha escola de perfeccionamento do deporte, mediante a reforma interior, acondicionamento do local e adquisición de novo equipamento para instalar este negocio.
Enforma Fitness é un centro deportivo está pensado para xente de todas as idades, xa que conta cunha ampla gama de actividades. Aquí lévanse a cabo adestramentos personalizados, exercicios de rehabilitación e ensinanza de diferentes técnicas e modos correctos para a práctica deportiva.
Adestramentos personalizados e corpos en forma
Barcelona ou Andorra son algúns dos lugares nos que viviu Paqui antes de asentarse na capital da comarca limiá. Estudou Animación de Actividades Físicas e Deportivas, foi monitora de natación e adestradora en diferentes ximnasios. Despois de 25 anos de experiencia no eido deportivo, Paqui decidiu poñer en marcha o seu propio centro de deportes en Xinzo de Limia.
En outubro de 2017 abre as súas portas Enforma Fitness, unha escola de perfeccionamento do deporte, centrada en realizar adestramentos personalizados e no asesoramento sobre a correcta práctica deportiva.
O local que acolle esta escola foi remodelado por completo, dando lugar a unhas instalacións modernas e cun completo equipamento. No seu interior, non só atopamos un novo espazo con maquinaria e accesorios de última xeración, senón tamén unha nova experiencia de rutinas personalizadas para cada usuario ou usuaria e numerosas actividades para manternos en forma e coidar da nosa saúde.
Pilates, zumba, gap ou kick boxing son algunhas das moitas propostas que nos ofrece este centro, que pretende ensinarnos a levar unha vida saudable e incluír o deporte como rutina no noso día a día.