Estudo arqueolóxico no Concello de Sarreaus
Descrición
O Concello de Sarreaus realizou unha acción centrada no coñecemento, protección e planificación do seu patrimonio arqueolóxico. A través deste proxecto, búscase contar cun estudo dos bens patrimoniais existentes no concello, como paso previo para a súa conservación e posta en valor de cara ao futuro.
O obxectivo principal era recompilar, analizar e organizar toda a información dispoñible sobre os elementos patrimoniais do concello, elaborando un documento técnico que sirva de base para a toma de decisións. Este estudo permitirá definir liñas de actuación claras e coordinadas que non date o patrimonio do lugar.
Respetar e coidar o patrimonio histórico local
A realización deste estudo axuda a coñecer a riqueza patrimonial de Sarreaus así como garantir a súa conservación. Este tipo de traballos tamén contribúe a reforzar a identidade ao recoñecer e poñer en contexto os elementos que forman parte da súa historia. A información recompilada podería ser utilizada en actividades educativas, culturais e turísticas, favorecendo unha maior conexión da veciñanza co seu pasado e abrindo novas oportunidades de desenvolvemento económico.
Deste xeito, o estudo arqueolóxico e o plan director de Sarreaus constitúen unha ferramenta moi útil para garantir a protección e valorización do seu patrimonio.