Hotel Celanova

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Produtivo
Ano: 2018
Hotel Celanova

Resumo do proxecto

Expediente: L18-19.20-10-0112
Promotor: ALQUIMIA HOTELES S.L.
Concello e lugar: Celanova
Puntuación: 70
Orzamento aceptado: 114.970,06  €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía Axuda: 50.895,43  €
UTAS Xerados: 1
UTAS desfavorecidos: mulleres, 1. Maiores de 45 anos, 1.
Notas: Expte. con reserva de fondos por un total de 6.589,60 €

Descrición

Proxecto de ampliación para aumentar a capacidade e mellorar os servizos do Hotel Celanova, para así acadar a categoría de dúas estrelas superior, segundo o decreto 57/2016, do 12 de maio.

O Hotel Celanova é o único establecemento hostaleiro na vila de Celanova, elemento dinamizador para a economía da vila e da comarca. A reforma permitiu ampliar a súa capacidade (pasando de 39 prazas a 51) e mellorar os servizos do hotel, permitíndolle aumentar da categoría de dúas estrelas á categoría de dúas estrelas superior.

Oportunidade e emprendemento

Marina chegou a Celanova no ano 2016 para reformar un vello hostal e convertelo nun hotel tranquilo e familiar no centro da vila. Despois de 15 anos sen establecementos hoteleiros na vila e tras varias reformas, o Hotel Celanova consolidouse como unha oferta hoteleira de calidade, con moita demanda e visitantes de diferentes partes do mundo.

O rico patrimonio cultural e natural da contorna fai que sexan moitos os visitantes que se achegan á comarca, e o Hotel Celanova ofrécelles a posibilidade de desfrutar da vila nun emprazamento privilexiado e un ambiente tranquilo.

Un exemplo de emprendemento, que dinamiza a economía da vila e atrae aos turistas que queren coñecer as posibilidades que lles ofrece a comarca.