O Colmado Loxística Social

Programa: LEADER 17-22
Tipo: Produtivo
Ano: 2018
Colmado Loxística Social

Resumo do proxecto

Expediente: L18-19.20- 10-0089
Promotor: O Colmado Loxística Social S.L.
Concello e lugar: Vilar de Santos
Puntuación: 81
Orzamento aceptado: 30.773,50 €
Porcentaxe axuda: 50 %
Contía Axuda: 14.041,37 €
UTAS Xerados: 2
UTAS desfavorecidos: mulleres, 1

Descrición

Proxecto de compra, preparación e rotulado dun vehículo industrial, así como o deseño dunha páxina web para a posta en marcha do Colmado Loxística Social, un proxecto social, en colaboración coa área comercial Eroski, que ofrece un servizo de entrega da compra a domicilio, encargándose de mercar e levar o pedido ás vivendas de todas as persoas que viven na comarca da Limia.

A compra en todas as casas da Limia

En febreiro de 2018 xurdiu na comarca da Limia o proxecto de emprendemento social O Colmado, un servizo de entrega da compra a domicilio en colaboración co supermercado Eroski.

Despois de vivir varios anos fóra, Bea e Blas asentáronse en Vilar de Santos, a súa vila natal, e adoptaron unha idea orixinal do rural castelán, que souberon trasladar á realidade galega e ás necesidades dos e das limiás para crear este negocio.

Diariamente, Bea e Blas achéganse ao Eroski Center de Xinzo de Limia coas listas da compra dos e das limiás para cargar a furgoneta e saír a facer o reparto entre as vivendas que solicitan os seus servizos. As rutas establecidas e organizadas por días da semana permítenlles levar a compra aos 11 concellos que conforman a comarca da Limia e ás súas respectivas aldeas. Desta forma, as vivendas reciben os seus pedidos da compra de forma semanal e O Colmado contribúe, por unha banda, a facer máis liviáns as atarefadas rutinas do día a día e, por outra, axuda ás persoas que teñen un difícil acceso á vila para facer a compra.

Unha idea que pretende reducir o despoboamento na comarca da Limia e ofrecer un servizo que mellore a calidade de vida dos seus habitantes.