O Teleclube de Baltar volve ser un lugar de encontro

Programa: LEADER 23-27
Tipo: Non produtivo
Ano: 2023
Entidade: Privada
Teleclube Baltar

Resumo do proxecto

Expediente: L-23-1920-10-0404
Promotor: Asociación de Veciños de Baltar
Concello e lugar: Concello de Baltar, San Bartolomeu
Puntuación: 72
Orzamento aceptado: 33.399,75 €
Porcentaxe axuda: 82,73% %
Contía Axuda: 27.631,61 €

Descrición

O teleclube de Baltar volve a albergar vida no seu interior grazas á iniciativa de Marta Cuquejo, veciña da vila e presidenta da Asociación de Veciños de Baltar. Debido á ausencia de local social, decidiuse recuperar este edificio para ter un lugar de reunión e actividade para a veciñanza, favorecendo a socialización e participación comunitaria.

Unha iniciativa para manter viva a convivencia da aldea

Os teleclubes naceron no rural nos anos 60 co obxectivo de achegar a televisión á veciñanza, xa que naquel momento era practicamente un luxo. Estes locais convertéronse nun lugar de encontro onde non só se vían programas, tamén se facían actividades. É dicir, o teleclube converteuse nun centro de convivencia entre os veciños e veciñas que habitaban a vila.

O teleclube de Baltar non foi diferente pero, co tempo, quedou en desuso ata a actualidade. Grazas á acción da Asociación Veciñal de Baltar, o teleclube é agora o local social do lugar. Nel xa se celebran festas coma o Entroido ou o Magosto así como encontros, exposicións, obradoiros ou partidas de cartas.

Por outra banda, o teleclube tamén actúa como edificio museístico ao albergar obxectos e instrumentos antigos que son visitados tanto por turistas como por escolares para coñecer como era a vida en Bande antigamente. Un exemplo de convivencia e voluntariado é o dun veciño maior da vila que recibiu á rapazada do colexio para ensinarlles como funcionaban os instrumentos antigos e como foi vivir o teleclube no seu mellor momento.

Ademais do teleclube, a asociación tamén conformou un espazo de traballo ou coworking dotado de material para poder traballar e conectarse a internet. Así, neste espazo tamén se fan pequenas formacións para usar as tecnoloxías.

Deste xeito, pónse de manifesto a importancia da acción veciñal así como a existencia de puntos de encontro no rural para revitalizar a comunidade e a convivencia.